Mostrando entradas con la etiqueta ZONA BASI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ZONA BASI. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de septiembre de 2010

ZONA BASI : A CRÓNICA DA XORNADA 1

DUBRA 4 - NEGREIRA 3
Botou a andar esta fin de semana unha nova edición da liga de Veteranos da División de Honor da Agrupación de Veteranos de Santiago. Todos con ilusións renovadas, novas fichaxes con grandes expectativas, reencontros con vellos (cada vez máis vellos aínda que tamén máis bellos) amigos, cada un coas súas aspiracións e con dous equipos máis aos que damos a benvida e lle desexamos sorte.

Pola nosa parte tres novos xogadores tentarán achegar cousas novas que melloren o que xa temos aos que tamén lle desexamos unha rápida integración para o cal será menester facer canto antes unha cea na que se lle dé o bautizo de rigor coas pócimas segredas.
Tocounos esta vez arrancar a liga en Val do Dubra, campo de batalla sempre agreste onde un terreo de xogo de reducidas dimensións se unen a unha escadra sempre aguerrida que pon toda a carne no grella.

Os inicios foron complicados cunha presión endemoniada do ByB Fisioterapia (nome que leva este ano o equipo local) e con contínuas chegadas que trouxeron sempre moito perigo á nosa área. Se a iso unimos a páxara que tivo a defensa semellante á que tivo no noso compatriota Ezequiel no último km da bola do mundo podemos entender que con tan só vinte minutos de partido xa levaramos tres caracoles ao lombo. E iso a pesar de que nos adiantamos na primeira xogada do partido nunha xogada magistralmente lanzada por Nando e rematada no segundo pao polo cinco visitante.
Tras este primeiro gol en contra o ByB Fisioterapia apretou e ao final do primeiro tempo o resultado sería de catro a un cando a falta de cinco minutos o equipo local aínda lograría enchufar un máis a cargo de Alfredo.

Ben distinta foi a segunda parte e mellor nos iría de saír desta guisa dende o comezo do partido. O equipo local baixou o pistón e os nosos peloteiros empezaron a carburar. A conexión Nando-Jano promete xornadas de gloria esta temporada e senón, tempo ao tempo. Alfonso levaba lume nas botas pola banda esquerda onde incordiaba unha e outra vez á defensa local. Que máis quixera Cristiano ter esa paradinha que tantas caderas rompen entre os defensas rivais. Deste xeito chegaría un balón a Ivan que de xeito acrobático logrou metela por toda a escadra.

Seguimos presionando pois o equipo local non lograba facerse co esférico e hilvanar unha xogada aínda que chegaría con certo perigo nalgunha ocasión. Froito da presión chegaría o noso terceiro gol tras unha falta lanzada esta vez por Jano e cabeceada magníficamente novamente polo noso número cinco (non me lembro do nome deste xogador!). A parroquia visitante agardaba expectante o empate que finalmente non chegaría a pesar de que houbo algunha outra ocasión.

Ao final, tanto nadar para morrer na beira! Aínda que o resultado ao final non foi todo o abultado que apuntaba inicialmente e, queiras que non, doe menos. A destacar a actuación de Jano que debutaba en partido oficial e a súa asociación con Nando que de seguro mellorará o poder atacante do equipo. Tamén Ivan que estivo moi incisivo e que acadou o premio do gol. Capi tamén estivo fantástico na súa demarcación de lateral esquerdo así como Alfonso que trouxo de cabeza á defensa na segunda parte.

Tamén compre destacar a numerosa afición, sobre todo a visitante, que se congregou no municipal da Tilleira en Bembibre que vibraron co seu equipo aínda que ao final o equipo non lles puido adicar a victoria. Non xogaron as outras dúas fichaxes, Rafa por ausencia e Suso por decisión técnica.
Trala victoria, a corresponde rehidratación de rigor na Xamoneria de Seco en Bembibre e logo paradinha obrigada no Casa Barqueiro de Negreira. Algúns xogadores seguiron logo na degustación da paella xigante no campo da feira.

O sábado debutamos na casa fronte ao Mirador de Padín onde agardamos adicar a primeira victoria á parroquia local.

martes, 17 de marzo de 2009

ZONA BASI


Veteranos Negreira 4-1 Peña Navegante

De Chorreos e Pescadores
Todos aqueles que non viron o partido do sábado ben puideran pensar que o que se veu o sábado foi un auténtico chorreo dos que últimamente adoitan a verse na pequena pantalla. Pero o certo é que, como moi ben di o webmaster do blog de Peña Navegante (http://penhanavegante.wordpress.com/) o partido foi bastante igualado, sobre todo na primeira parte.
Tras os dous primeiros goles todo parecía bastante encarrilado pero como adoita a acontecer últimamente, estamos empeñados en dar vida aos rivais. O Peña recortou distancias nunha xogada que esta temporada se repiteu máis do que quixeramos e trouxo nerviosismo ás gradas locais. Afortunadamente Paco e Alfonso encargáronse de apuntillar ao rival no momento en que os visitantes resolveron volcarse sobre a portería defendida por Gallego. Por certo haberá que estar atentos á formación de Pescadores del Río que parece que queren tender as redes para capturar a este bo cancerbeiro.

De todos xeitos cómpre destacar a traxectoria que está a ter o equipo nesta segunda volta onde únicamente perdemos un partido, fronte ao Pepa Noya. Os resultados acadados últimamente fan que por primeira vez dende hai tempo abandonemos momentáneamente posicións de descenso. Nas vindeiras xornadas xogaremos o partido atrasado que temos catro equipos que estamos xuntos na clasificación: Xallas, Cuntis, Barqueiro e nós. É pronto pero xa se empeza a falar nalgúns ambientes dos maletíns. Dende este blog recomendamos á Directiva que se absteña de utilizar estas prácticas e que adique todos os recursos dispoñibles para…. unha boa cea de fin de temporada.
O sábado tras o partido coñecéronse as baixas da próxima xornada. En concreto a liña defensiva queda bastante coxa sobre todo pola baixa de Ponte que, unha vez máis, disfruta das retribucións en especie que está a facerlle a Directiva. Nalgúns mentideiros se dí que certo executivo do clube ten accións dunha rede de clubes termais e podería estar usando as súas influencias para incrementar a facturación en tempos de crise derivando fondos do equipo. Dende este blog debemos informar que soamente se trata de rumores e en todo caso o interfecto non soupo ou non quixo confirmar esta información aínda que tampouco desmentila.
Partido vital o do próximo sábado fronte ao Rosalía. Agardemos unha gran resposta da afección e de paso aproveitamos para, unha vez máis, unirnos ás demandas de legalización da agrupación Pescadores del Río. Parece que se están achegando posturas de cara á posible filiación deste equipo e convertirse deste xeito na sucursal e canteira para os futuros veteranos.
Finalmente quero agradecer as palabras de Chito na súa última columna escrita neste blog na que intercedía por certos xogadores aos que presuntamente se lles culpaba da eliminación da Copa. Resulta cando menos curioso que dos xogadores mencionados sexa únicamente Zarco o que se manteña apartado do equipo a proposta de Cobas. Non é de extrañar que a doble vida, como xogador e como alto directivo do clube, está a resultar incompatible.

martes, 3 de marzo de 2009

ZONA BASI

Veteranos Negreira 3-3 Hamburguesería Verde
Partido complicado de entender o disputado fronte a Hamburguesería Verde na eliminatoria de copa no municipal de Cepelo. O público asistente ao encontro incluso me atrevería a dicir que foi bastante benévolo a xulgar polo patético espectáculo que lle brindou o seu equipo.
Non existen rexistros para poder contrastar pero podemos dicir sen temor a enganarnos que na primeira parte a posesión foi (+-) dun 85 -15 a prol do Negreira. Debemos recoñecer que a priori, o partido se presentaba cómodo. Visitaba Cepelo un equipo que se atopa na duodécima posición da segunda categoría de Veteranos e, aínda que nós tampouco estamos para tirar foguetes, o certo é que tras a primeira parte se vislumbraba unha enorme diferencia entre as dúas escuadras. Tras os primeiros corenta e cinco minutos, vantaxe de dous goles a cero, varias ocasións falladas (coma sempre por outra parte) e o Chipirón sen tocar balón na portería.
No obstante xa alguén advirtíu que esto non pintaba. Había pouca intensidade nos xogadores, non se presionaba, seguían a fallarse ocasións e os cambios no banquillo sucedíanse, quizáis pensando que o partido estaba suficientemente encarrilado, co obxecto de dar minutos a xente que non xoga de xeito habitual. Craso erro! Ninguén podía sequera adivinar a que se viña encima. O H. Verde empezou a verlle as orellas ao lobo, e veu que de lobo non había nada! Isto era un cordeiriño por máis que estivéramos en época de entroido e quixeramos saír disfrazados do que non éramos. Todo empezou con pérdidas de balón atrás e na medular e entón o equipo contrario decatouse de que se presionaba algo lograba roubar o balón. Incluso comprobou, con fortuna para eles, que se corrían podían chegar á nosa área. E unha vez alí, déronse conta que se tiraban a portería incluso entraba dentro. Así chegou o primeiro gol nunha xogada desafortunada de toda a defensa e parte da media na que un fulano colleu o balón no medio do campo e cal Ronaldo nos seus mellores tempos botou o balón a correr e ao ver que ninguén saía a por él plantouse diante de Berdullas e cruzoulle o balón por baixo na saída.
A partir daquí empezou a cambiar a historia do partido. O H. Verde veuxe arriba e nós empezamos a facer as de vaqueros (temos xa un amplio historial de jaimitadas): balóns perdidos, pouca presión, nerviosismo co balón nos nosos pés e queixo de gruyere atrás. O segundo gol non tardou moito en chegar. Nunha xogada que sacou mal Berdullas, roubo do dianteiro e balón nas mallas.
Chegados a este punto, ninguén dubidaba de que o H. Verde empataría e logrouno nunha xogada na que se producíu un malentendido entre Julián e Pitu que desembocou co balón nas portería de Berdullas unha vez máis.
Tentámolo nos últimos dez minutos pero coido que incluso foi ben que rematara así pois teño a impresión de que, de durar máis tempo, incluso teríannos caído algún máis.
Logo nos penaltis, fallo de Nando (o que ninguén esperaba) e para a casiña. Nunca haberá que quite lecturas positivas da eliminación da copa: que si nos podemos adicar plenamente á liga, que se van evitar lesións pola acumulación de partidos, … pero o certo é que o espectáculo presenciado polos afeccionados foi indicativo da traxectoria que estamos durante toda a temporada.
Agardemos que efectivamente nos sirva esta derrota para apretar un pouco os dentes e no próximo partido fronte ao Xallas retomemos a senda da victoria. Mellor para nós se non queremos deixalo todo para un milagro no último partido.

martes, 17 de febrero de 2009

ZONA BASI

Veteranos Negreira 1-1 A.Alambique
De oportunidade perdida pode calificarse o partido disputado no Anfield de Agrón diante dunha nutrida presencia de afeccionados que presenciaron o partido ante o Alambique con gran entusiasmo, en maior medida provocado polos efluvios etílicos aínda que tamén polo xogo desplegado polo seu equipo.
E digo o de “oportunidade perdida” porque aínda que a priori un empate ante segundo clasificado na táboa podería calificarse como resultado satisfactorio, o certo é que logo do visto sobre o terreo de xogo os tres puntos deberían quedar na casa.
E todo iso a pesar de que o Alambique se adiantou aos dez minutos obra de Ventura nunha xogada na que combinaron ben pola banda esquerda.
Pero este gol non desesperou ao Negreira que a partir deste momento incrementou a presión sobre o rival e sucedéronse as xogadas de gol unha tras outra. Por varias ocasións, Alfonso, Nando, Paco e un servidor tiveron ocasións claras de darlle a volta ao marcador desfavorable. Desta volta, co resultado en contra chegamos ao descanso onde o Mr. fixo fincapé en seguir na mesma liña. E en efecto, na segunda parte o xogo seguía a ser cousa do Negreira así como as ocasións. A máis clara foi unha de Alfonso cando faltaban cinco minutos para o remate do encontro na que nun man a man co porteiro, o balón saía a rentes do pau dereito da meta rival.
Cómpre destacar o gran rendemento de todos os xogadores, en especial e unha vez máis de Santi que está a despuntar definitivamente nesta temporada. Haberá que estar atentos ás próximas convocatorias da selección para ver se o trainer fai xustiza con este xogador.
Parece que esta vez sí atopamos a medida do noso potencial e ésta debería ser a liña a seguir nos próximos partidos. O partido co Cuntis antóxase coma vital para ir vendo a evolución a estas alturas da liga. Tamén deberemos estar atentos ao Barqueiro que está a dous puntos cun partido menos.

lunes, 9 de febrero de 2009

ZONA BASI


Se queremos destacar algo do encontro xogado o sábado contra o Guadalupe é a segunda parte do partido no que o equipo soupo sobrepoñerse a unha situación adversa e remontar o resultado negativo de 1-2 co que se chegou ao descanso.
En efecto, nos primeiros corenta e cinco minutos tan só é de destacar o primeiro gol, obra de Paco nunha xogada na que lle roubou a carteira ao porteiro visitante. Logo viría a relaxación local e con ela dous goles do Guadalupe que viñeron a poñer de manifesto o por qué da actual situación do equipo. Os afeccionados non daba creto ante a situación de inferioridade na que se atopaba o equipo de novo ante o que parecía un rival de menor entidade.

O Guadalupe, incrédulos ante a súa propia efectividade, apretaron aínda máis o acelerador pero certamente con pouco acerto nos disparos a portería.
Logo viría a conxura do descanso no que Cobas nos aleccionou convenientemente e deste xeito e tamén estimulados ante a posibilidade de ter que pagar a cea no Arranca, algúns xogadores non parecían os mesmos comparados cos da primeira parte.
A xogada do empate viría nunha das moitas xogadas nas que colgamos un balón na área e un dos defensas, apretado, no soubo facer outra cousa que metela na súa propia portería.
Este empate deunos esperanza e, aínda que por momentos un pouco alocadamente, incrementouse a presión sobre a área rival. É difícil destacar a algún xogador sobre o resto na segunda parte pero non debemos deixar de nomear a Santi que puxo moito pundonor ao igual que Alfonso, aínda que éste último con pouco acerto de cara á meta contraria.
Pero se debemos citar a alguén é a Nando que foi o que puxo fútbol de calidade no municipal de Cepelo. Das súas botas sairía a xogada do terceiro gol que marcou Paco e o cuarto tras unha xogada individual. Cómpre destacar tamén un gran disparo ao longueiro tras unha difícil bolea.
En definitiva, unha victoria que nos consolida na décima posición a cinco puntos do Pepe Noya que está na metade da táboa e á espera do Asador Alambique co que xogaremos o vindeiro sábado. Todo apunta a que o partido será en Agrón. Prégase aos xogadores e afeccionados que estén atentos ás últimas novas deste blog por se houbese un cambio a última hora.

martes, 13 de enero de 2009

ZONA BASI

Veteranos Negreira 2 - 0 Casa Barqueiro
Agardemos que a victoria da que puidemos disfrutar todos este sábado no municipal de Anfield Road sexa a premonición dun ano pródigo en victorias para que poidamos deixar definitivamente o posto actual que, a xulgar polo visto contra o Barqueiro, tórnase inxusto.
O agardado derby convirtíuse na primeira parte nunha toma de contacto dos dous equipos que tentaban axeitarse ao terreo de xogo, bastante blando nalgunhas zonas, froito da xeada caída na noite anterior. Tan só é de destacar nesta metade dúas xogadas de perigo a cargo do Negreira, nas que interviron Víctor e Nando.
Na segunda parte o peso do xogo levouno completamente o equipo local e froito deste empuxe sucedéronse as xogadas de gol. Nunha delas participada por Nando, Julián e Alfonso sucedéronse os rechazes e finalmente gracias ao acerto de Neo o balón finalmente foi desviado a córner.
O primeiro gol chegaría nun roubo de balón protagonizado por Paco que terminaría a xogada cruzando o balón ante a salida do porteiro rival. Este gol deunos certa tranquilidade e provocou que a circulación de balón fora máis fluída. Ao Barqueiro custáballe sacar o balón da defensa e tentábano con balóns largos pero esta vez sí a defensa estivo á altura e desbarataba unha e outra vez os ánimos dos atacantes visitantes.
Máis tarde un disparo de Santi dende longa distancia case sorprende a Neo ante a incredulidade da parroquia local.
Co equipo visitante volcado chegaría o gol da sentencia, obra tamén de Paco, que estivo moi hábil e lle roubou a carteira a Neo nunha xogada na que estaba excesivamente adiantazo.
Cómpre destacar o pundonor de Alfonso durante todo o partido aínda que lonxe da portería rival onde adoita a facer máis dano. Estivo tamén afortunado Quique, cariñosamente apodado o chipirón de Portosín por algúns afeccionados, sobre todo mandando na defensa e demostrando que dia a dia está a medrar (futbolísticamente falando).
Con esta victoria deixamos ao Barqueiro a catro puntos e alonxámonos momentáneamente dos postos de descenso. No obstante non debemos olvidarnos que estamos a entrar na temida costa de xaneiro ( e tamén de febreiro ) na que teremos que vernos as caras co Pepe Noya, Maderas Ramos e Asador Alambique.
O vindeiro sábado recibiremos ao Pepe Noia, esta vez en Cepelo, onde agardemos iniciar con bon pé a segunda volta.

viernes, 19 de diciembre de 2008

ZONA BASI


Veteranos Negreira 4-6 Roomel Dodro
Coido que de lamentable hai que cualificar o derradeiro partido disputado no municipal de Cepelo diante do Roomel Dodro ante unha notable entrada de afeccionados que asistiron a unha nova derrota do seu equipo nun partido trepidante que finalmente decantouse do lado do equipo visitante.
Non será nesta ocasión por culpa de non ter acerto na portería contraria pois logramos enchufala en catro ocasións. O que pasa é que non se poden encaixar seis goles e pretender gañar o partido. Supoño eu que esta semana os comentaristas e seguidores futbolísticos da comarca analizarán o partido polo miúdo tentando buscarlle unha explicación a este resultado, cando menos curioso.
Obviamente cabe pensar que temos un buraco defensivo pero eu non caería no erro de culpabilizar exclusivamente á primeira liña do equipo pois as victorias e as derrotas son imputables a todos os xogadores. A defensa comeza nos puntas que deben incrementar a presión para evitar a salida con balón xogado. Logo a medular quizáis necesite dun apuntalamento para asfixiar ao contrario. O sábado Mincha e Magariños camparon ás anchas por Cepelo sen que ninguén acertase a cortar debidamente o xogo. Logo está a defensa que está a sufrir unha alta tasa de rotación o que fai que se perda compenetración entre os xogadores. É xusto recoñecer que as baixas que está habendo ultimamente están a dificultar a estabilidade neste sentido.
Logo comezou a retahíla de goles no que se adiantou o Negreira por medio de Paco. Pero pronto o Dodro demostraría que ten un estilete digno das mellores escuadras: Richard. A marcaxe deste xogador foi tamén o punto débil do partido feito polo Negreira pois demostrou a calidade con algún gol de bela factura.
É de lamentar a lesión do Chipirón de Portosín que deixa a portería orfa para o vindeiro partido. Agardamos con ansia que se recupere tanto él coma Berdullas.
Se hemos de destacar a algún xogador éste é Soto que está a demostrar que os anos non pasan por él e a Nando que fixo un gran traballo de creación na liña de enlace.
O vindeiro partido será na casa fronte a Automic Barbanza que actualmente está terceiro con vinteun puntos. Agardemos que se recuperen algúns dos xogadores que están na enfermería.

viernes, 21 de noviembre de 2008

ZONA BASI

Partido xogado no municipal de Agrón ante unha parroquia que non puido ver como o noso equipo encadenada por primera vez nesta temporada dúas victorias seguidas. A xente de malas pulgas por ter que voltar a xogar en campos de terra. Non sei como facíamos ata o de agora..
O equipo visitante presentábase con moitas baixas e con tan só once efectivos que lle bastaron para arrancar un empate, eu coido que xusto logo dos acontecementos ocorridos ao cabo do partido.
Como consecuencia do cambio de superficie, os dous equipos amosáronse bastante cautelosos ante falla de control do esférico e as defensas non se andaban con chiquitas. Balón que chegaba, balón que saía despedido.
Poucas chegadas con perigo na primeira parte por ámbolos dous conxuntos. Non nos axudou nada a lesión muscular de Nando que tivo que retirarse para a ducha antes de tempo. Pola banda visitante, Miñones tamén andaba tocado aínda que non o suficiente para ter que retirarse.
Ao inicio da segunda parte o xogo embarullouse máis do que debería, sobre todo logo do primeiro gol do USC, obra de Paco a pase de Delfín logo dun lamentable control na área pequena de Ponte. A Directiva debería estudiar seriamente as escapadas deste xogador a certos sitios de lecer, que inevitablemente lle restan compromiso co equipo. Máis grave seria se, como se dí nalgúns foros, estas escapadas están financiadas polo equipo argumentando unha suposta prescripción falcultativa. A mín persoalmente chéirame máis ben a trato de favor a un xogador que está lonxe da súa medida e das expectativas creadas logo dunha fichaxe fulgurante. Incluso en certos ámbitos (a mín cústame creelo) se dí que se permite o luxo de aconsellar á Directiva en certos fichaxes, coma se do mesmo Maradona se tratara. Fichaxes que de seguro conlevarán algún tipo de comisión para o interfecto. O dito, a pelota está no teito da Directiva que terá que tomar medidas.
Cómpre destacar o pundonor do visitante Delfín que parece que está a vivir unha segunda xuventude. Van ser certos os rumores que apuntan a unha fichaxe por certo equipo con máis aspiracións. No obstante, é conveniente apuntar que na xogada do gol, o noso lateral atopábase mancado o que lle deu certa vantaxe ao extremo no momento decisivo do centro.
Nesta xogada o bravo goleador visitante quedou mancado nun dedo un pé, feito que convirteu en heroica cada xogada na que participou a partir dese momento. O árbitro, presionado polas protestas visitantes en xogadas con balón dividido, optaba sempre por castigar ao equipo local, o que fixo que o xogo se tornara máis violento.
Sendo así resultou cando menos curioso que os dous xogadores expulsados por parte do Negreira, Paco e Alfonso, o foran por xogadas non precisamente violentas e cando o partido estaba xa máis que rematado.
O empate veu logo dunha falta directa executada maxistralmente por Paco ao pao largo.
Convén destacar a consolidación de Enrique na portería local en detrimento de Berdullas que está a asumir a súa nova condición con moita dignidade.
Pola banda visitante, Devesa que parecía desahuciado polos contínuos enfrontamentos coa prensa e os afeccionados (e tamén cos árbitros), volveu con folgos a comandar a defensa e amosou aos seus detractores que está nun momento de forma envidiable e demostrou que a idade non é impedimento para aguantar os noventa minutos sen problemas. Xa sabemos que as malas línguas argumentan que o posto de central é un posto sen demasiada esixencia física pero todos sabemos, e eu en particular tamén, que non é así.
O próximo partido será en Lalín ás sete da tarde. Agardamos que a xente se ocupe e preocupe de asistir pois serán moitas as baixas xa esperadas por lesión e sancións.

lunes, 3 de noviembre de 2008

ZONA BASI

Peña Navegante 0 - Negreira veteranos 0
Encontro dos de fai tres tempadas onde o equipo sabía sobrepoñerse ós contratempos , despois viñeron duas campañas de pasar poucos apuros , pero esta vai tocar sufrir como antaño . Logo dos fiascos de Cuntis e o de contra o Xallas , onde ainda seguiamos coa mentalidade da campaña pasada na cal tíñamos solvencia de cara o portería contraria e os contrincantes tiñan en algo máis que pensar que en atacar a noso marco , o sábado pasado comenzouse a poñelos piares do que debe ser o noso xogo este ano , seriedade en defensa , un centro de campo batallador e esperar o acerto dos nosos tres estiletes deste ano.
Se a tempada pasada eran seis os xogadores que marcaban a diferencia de medio campo para adiante , este ano neste aspecto estamos mermados , e esto notase sobre todo cando falta algún deles , e non digamos todos eles, como aconteceu en Cuntis , onde nos repasaron na 2ª parte.
O derradeiro partido foi disputado nun terreo de xogo que non estaba para moitas florituras , sen un dominador claro na primeira parte, o Peña Navegante trataba de superar a nosa defensa algo adiantada por mor de achicar espacios, con balóns ás nosas costas ,pero en todo momento tanto Suso como Ponte ,estiveron moi atentos as incursións dos contrarios . No centro do campo Julian e Santi (o mellor sen lugar a dudas), realizaban un gran esforzo para cubiri espacios e evitala circulación de balón do Peña. Carballo daba ese impás que necesitaba o partido en certos momentos , e tanto Nando como Alfonso ,sorprenderon en máis dunha ocasión a defensa local pero sen sorte de cara á portería. Destacar a Zarco que xogou un partido moi completo (e decir xogou os 90 minutos).
A segunda metade foi na maior parte nosa , co dominio do centro do campo,e sen problemas atrás ,e con chegadas ainda que sen moita claridade , pero foi na recta final do partido cando este se poido decantar na nosa contra xa que eles derón os seus últimos coletazos , e tiveron quizás a ocasión máis clara do partido que sacou ben Berdullas .
Resultado xusto , e nos con equipo de circuntancias por mor , nalgún caso das lesións ,noutro por motivos laborais e outros cantos que non foron quen de recuperarse da noite onde Olimpus voltou a facer estragos na fila dos veteranos ,xa non estamos para votar toda a noite de farra e logo ir xogar , de aquí en diante un pouco máis de seriedade os venrés que logo ainda nos queda a noite do sábado .E memos mal que xa posaron os carnavais , ou non .... .

martes, 28 de octubre de 2008

ZONA BASI

Veteranos Negreira 2-4 Terra do Xallas Veteranos
Dicía un vello proverbio ruso algo así como “¡Caer está permitido. Levantarse é obrigatorio!”. Un proverbio que deberiamos aplicarnos o antes posible se non queremos vernos abocados aos últimos postos da clasificación. Parece que tras a primeira victoria de liga no primeiro partido non levantamos cabeza e non podemos dicir que solo sexa por méritos dos rivais (que tamén!). Probablemente existan moitos debates estos días entre os afeccionados que, a estas alturas de campeonato, estarán tentando clarificar o por qué da nosa situación da táboa.
Uns dirán que a defensa parece unha escopeta de feira, e non lles falta razón. Outros dirán que os dianteiros non apuntan ni ao arco da vella e tampouco faltarán á verdade. Outros en cambio apuntarán como culpables á directiva e ao entrenador por non ter planificado convenientemente a temporada.
O certo é que existen unha serie de circunstancias que traen como consecuencia que o equipo esté falto de confianza e seguridade, algo que se está a ver con claridade nos últimos partidos.
Os partidos co Cuntis e co Xallas son partidos similares dende o punto de vista da incapacidade do equipo para sobrepoñerse aos acontecementos. Nestes dous partidos encaixamos goles con prontitude. De feito o Cuntis incluso puido inaugurar o marcador nos primeiros trinta segundos ao lanzar un disparo do local Jorge ao longueiro defendido por Berdullas.
Estamos destacando en facetas nas que non estamos acostumados como son os goles encaixados, a pouca efectividade de cara á portería contraria, as faltas cometidas… e se a todo isto sumamos un banquillo curto e algunha que outra lesión en momentos puntuais pois está moi claro que ímos ser un claro candidato a loitar por evitar o descenso.
É de destacar a pouca intensidade defensiva sobre todo se a comparamos coa da temporada anterior e máxime cando non existen cambios significativos nesta liña.
O partido deste sábado co Xallas non tivo moita historia pois nunca estivemos metidos no partido. Tivemos algún que outro tirón pero sen opcións claras e convén resaltar a pegada do equipo contrario que nos tumbou en xogadas puntuais do partido.
O vindeiro sábado recuperamos a Delegación Cubana que virá con folgos novos e, de seguro, con algunha aportación importada da illa caribeña. Esperemos que tamén se incorpore Pitu que está a recuperarse dunha lesión nun nocello. Por contra, un servidor estará no dique seco polo menos dúas semanas por mor da expulsión do sábado e dun pinchazo no muslo esquerdo, aínda que a xulgar polo rendemento dos últimos partidos non se notará en exceso a baixa. Son o primeiro que se pon á disposición do Mr. por se considera necesario facer cambios tácticos.
O próximo partido (vital) fronte ao Peña Navegante coincide no tempo cun evento que, agardemos non incida negativamente no rendimento do equipo. Trátase da festa organizada pola orquesta Olympus para o vindeiro venres en Negreira que probablemente arrastrará irremediablemente a moitos xogadores. Esperemos que o sábado non se traslade a festa de Negreira a Conxo.

martes, 14 de octubre de 2008

ZONA BASI

Asador Alambique 3 - 0 Veteranos Negreira
Antes de nada quería pedir disculpas pola ausencia de crónica da semana pasada xa que as miñas ocupacións non me permitiron cumplir con esta sección. Espero que esta circunstancia non afecte ao meu contrato.
Unha nova derrota este sábado en Chaián fronte ao que, a priori, debe ser un potencial candidato ao título. Polo menos a xulgar polo que levamos de temporada. De todos xeitos debemos sacar unha lectura positiva dos encontros que levamos disputados ata o momento. O xogo desplegado fai pensar que o equipo non anda lexos da medida que pode dar.
Cobas dispuso os peóns no campo de xeito que na primeira parte o Alambique non era quén de chegar con perigo á portería defendida esta vez por esa auténtica lenda que é Enriquito, que fixo un partido moi completo (xogou os noventa minutos) e mandou ben dende atrás.
Nesta primeira parte incluso nos poidemos adiantar en varias xogadas, como unha na que Nando estivo listo e rouboulle a carteira a un defensa pero non soupo definir.
Paco entrou varias veces pola banda dereita pero os seus centros non atopan quén de rematalos. Ésta sí é unha constancia e parece que vai ser a tónica de toda a temporada. Sen ser unha excusa notamos en exceso a baixa de Cobas arriba. Con este comentario non quero quitarlle méritos aos dianteiros, simplemente as facultades e condicións son ben distintas.
Na segunda parte o Alambique foi sementando a victoria sobre varios fallos nosos. Con todo non é cuestión de quitarlle méritos xa que ten un bo conxunto. Sirva como exemplo que tras catro partidos de liga aínda non encaixaron ningún gol.
Esta derrota sírvenos para colocarnos no ecuador da clasificación. O vindeiro sábado visitaremos o campo do Cuntis que, casualmente, ten uns números clavados aos nosos coa diferencia dun gol en contra. Neste partido non poderemos contar co estilete da defensa Suso que fará unha visita institucional ao líder revolucionario Fidel na Habana. Esta cita foi concertada logo de hábiles negociacións dos nosos directivos e Suso viaxará arropado por unha comitiva na que tamén estarán Chito, Maroñas e compañía. Existen rumores (eu coido que infundados) que un dos motivos da visita ten que ver cunha suposta venda de información privilexida relacionada coa motivación dos xogadores no campo de fútbol. Fontes non confirmadas afirman que existe unha escola de fútbol na Habana que investiga neste campo científico e que dita escola foi posta en funcionamento por Maradona nunha das recentes visitas á illa.
Dende o noso humilde punto de vista, se o noso equipo ten falta de algo non é disto pois conta nas súas filas con Piturámix que nos nosos encontros lúdicos que temos pon en práctica esas pócimas que tanto nos elevan ao espíritu a todos.

lunes, 29 de septiembre de 2008

ZONA BASI


Veteranos Negreira 1-2 Maderas Ramos
Este sábado recibimos ao Maderas Ramos no municipal de Cepelo co equipo bastante xusto de efectivos. De ahí que o Mr. Cobas non tivese excesivos problemas para confeccionar un once inicial xa que non había moito onde escoller.
As baixas, ademáis, eran de certa relevancia. Moreno amosouse bastante en forma no primeiro partido da temporada en Sar, ao igual que Pitu que tampouco puido estar neste partido.
O Maderas presentou as credencias ao título pois este ano conta cun equipo, se cabe, máis sólido que en edicións anteriores con xogadores que combinan ben e desplegan un fútbol moi rápido.
Aos quince minutos da primeira parte tiñeron a ocasión máis clara do encontro e que, paradóxicamente, non a enchufaron pese a rematar a porta valeira.
Sí acertarían, esta vez tras un saque de banda colgado na área que rematou ao longueiro Gonzalo e que logo tras bater en Berdullas se colaría na portería.
No obstante e a pesares de amosarse superiores no conxunto dos noventa minutos, non tiveron ocasións claras de gol agás as xa mencionadas e a que despois daría lugar ao segundo gol do partido, froito dun fallo estrepitoso no despexe pola miña parte.
Despois recurtaría distancias Nando cun gol de penalti e nos últimos cinco minutos a piques estivemos de empatar nunha xogada na que Gallego lle roubou a carteira ao porteiro visitante.
É preocupante, pola nosa parte, a falta de ocasións claras de gol e incluso a ausencia total de disparos a porta entre os tres paos. Así difícilmente sacaremos os partidos adiante. Cómpre destacar por outra parte a agresividade defensiva en tódalas liñas que probablemente será unha aliada en toda a temporada.
Por último cabe calificar de lamentable a escena vivida no vestiario ao final do partido na que un xogador se encarou co Mr. Obviamente este non é o foro adecuado para airear nin solucionar estes asuntos, pero é de xustiza lembrar que estamos nun equipo e por tanto o grupo debe primar sobre as individualidades. Todo grupo necesita dun líder que o dirixa e, este ano, a Directiva considerou conveniente asignar esta tarefa a Cobas. Como en calquera equipo, as decisións do entrenador non deben ser cuestionadas polos xogadores e, en todo caso, o futuro será o que poña a cada un no seu sitio.
Noutro orde de cousas, os resultados da fin de semana aúpan ao Alambique e ao Maderas Ramos ao liderato compartido. O vindeiro sábado visitaremos o campo do Guadalupe, xa no horario de outono.

lunes, 22 de septiembre de 2008

ZONA BASI

Benvidos queridos amigos bloggeiros e seguidores do equipo de Veteranos de Negreira. Un ano máis nos dispoñemos a iniciar unha nova andadura na división de honor na que nos atoparemos con vellos amigos e tamén con outros novos, aínda que xa coñecidos, aos que damos a benvida. Son o caso do Automi Rec. Barbanza, o Terra de Xallas e o Clube Deportivo USC aos que saludo especialmente.
Como todos os anos, había xa gañas de empezar a competición, uns querendo demostrar que aínda poden e outros querendo amosar que esto é pan comido.
Aínda que a realidade é moi distinta. Os anos pasan por todos e a competición segue a ter un certo nivel que esixe físico, clase e sobre todo..... veteranía. E, aínda que desto último pensarán que poden presumir todos, o certo é que algúns nunca a alcanzarán a pesares de que os anos pasan por eles de igual xeito que para os outros.
Tocounos este ano principiar cun clásico desta competición, o Pepe Noia, nunha tarde de tremenda calor que supuso un esforzo extra para os dous equipos. Antes de empezar, o primeiro contratempo. Pedraza que estaba predestinado a saír pola banda dereita tivo que deixar o seu posto a Moreno debido a unha pequena lesión recente nun entrenamento.
Foi Nando o que tivo o honor de inaugurar o marcador desta temporada cun gol de penalty cometido sobre Víctor nunha xogada de pillo na que lle arrebatou a bola ao defensa e ao porteiro. Desta maneira rematou a primeira parte na que levamos o peso do partido no que se produciron varias chegadas con certo perigo.
Un novo gol de Alfonso nun contrataque ben levado por Paco ampliaba a vantaxe na segunda parte, o que parecía xa que case definitivo pois o equipo local atopábase cun home menos froito da expulsión na xogada do penalty.
Pero os cambios na medular provocaron un baixón físico que lle deu alas aos locais e conseguiron, por mediación de Oscar, acurtar distancias.
Ao final, sufrindo, logramos acadar os tres puntos e ter unha semana tranquila na que o novo míster, Cobas, deberá pensar en cómo mellorar certas cousas.
No que respecta aos outros resultados, cabe destacar o forte inicio do Alambique que esmendrellou ao Clube Deportivo USC cun amplo resultado de 5-0 no que Gelucho lle sacou as telarañas á portería nun gol dende fora da área. Tamén cabe destacar a derrota do Casa Barqueiro na casa fronte ao Cuntis no estreno do novo campo de Brión.
O Maderas Ramos tamén empezou gañando 4-2 fronte ao Guadalupe. Por certo que, salvo cambios de última hora, o partido será no Anfield de Agrón que verá novamente fútbol de alto nivel.

lunes, 21 de abril de 2008

ZONA BASI


Partido disputado no municipal de Calo fronte ao Maderas Ramos en desigualdade de condicións en un terreo de xogo tremendamente afogado de auga polas chuvias caídas nas horas anteriores. Por unha banda o equipo local con todo o plantel ao completo e co once de gala dende o inicio sen deixar nada á improvisación. Por outra o Negreira cun cúmulo de baixas, entre as que me encontro, cun equipo de circunstancias que facía presaxiar o resultado final.
A pesar de querer estar presente no desenvolvemento do partido vinme obrigado por circunstancias alleas á miña vontade á ausentarme definitivamente do partido aos dez minutos polo que non fun testemuña de excepción do evento. No obstante tentarei transmitir as impresións obxectivas e imparciais de varios integrantes do equipo.
Ante todo cabe felicitar ao equipo local pola victoria e pola superioridade amosada. Nunca poderemos saber cal sería o resultado final nin o desenvolvemento do encontro de atoparse o noso equipo ao completo e de ser as aspiracións dos dous equipos de contido similar. A estas alturas do campeonato, desgraciadamente, o noso equipo tan só está a ver pasar os encontros con maior ou menor gloria pero sen alicientes para acadar cotas maiores. Son dos que penso que o campeonato botouse a perder aquel día que fallamos na casa fronte ao que naquel momento era o farolillo da categoria. Por se algúns pensaban que este partido tan só foi un pequeño atranco na nosa andaina nesta liga, esta impresión voltouse a confirmar cando volvemos a caer fronte ao mesmo rival na segunda volta por un marcador aínda máis abultado. Estes son eses partidos fronte aos que se perde unha liga, que diría Helenio Herrera. Ou sería Luís Aragonés…?
Eses dous partidos puxeron de manifesto as nosas debilidades e fixo que caer a moitos xogadores do pedestal no que se atopaban instalados e tamén puxo en evidencia os erros cometidos pola Dirección técnica. Sexan cales foran as razóns (que de seguro que foron moitas e variadas) a cuestión é que o partido deste sábado careceu da trascendencia que podería ter hai un mes.
Segundo me contan, o gol do Maderas Ramos foi precedido dun claro fora de xogo. Parece tamén que fallou un penalty e que tiveron varias ocasións claras para sentenciar o partido unha vez que o Negreira tentou queimar as naves en pos dun empate que se antoxaba épico. Sexa como fora, é de alabar a disposición duns xogadores que viron abocados a disputar un partido desigual e cun resultado final anticipado.
Tentemos disputar os partidos que quedan con honor e deixando o pavillón o máis alto posible para poder demostrar que aquelo que estivemos a piques de conseguir non foi casualidade senón froito da conxunción dun grupo compensado deportiva e humanamente.

martes, 15 de abril de 2008

ZONA BASI

POR AUSENCIA DE BASI , ESTA CRÓNICA É XENTILEZA DO "CAPO" :
NOVA DERROTA:E VAN 6 HA ESTE RITMO NON IMOS GAÑAR OUTRO PARTIDO,XA NON E CUESTION DE TACTICAS,NI DE SISTEMAS,NI DE NADA,PERDEMOS AS ANSIAS DE GAÑAR,CADA UN FAI A SUA GUERRA PARTICULAR,EN ESPECIAL ALFONSO,QUE O OUTRO DIA POLAS SUAS GANAS DE GLORIA POR VER QUEN ERA MAIS VALENTE OU EL OU O CENTRL DO ROMEL DODRO,FIXO OIDOS SORDOS O CAMBIO QUE LLE PIDEO O ENTRENADOR EN FUNCIONS JAVIER,CO CONSIGUENTE ENFADO DESTE,MAIS DO XOGADOR QUE IA SAIR O CAMPO VICTOR,CON ESTAS ACTITUDES ESTA CLARO QUE NON IMOS A NINGURES
.FALANDO DO PARTIDO EMPEZAMOS UN POUCO RELAXADOS, E HAI XURDIU O PRIMER GOL,PASE AS ESPALDAS DA DENFENSA E RICHARD PLANTASE DIANTE DE BERDULLAS E GOL,DESPOIS VEU A ACCION NA QUE EXPULSAN A JULIAN,POR INTENTAR AGREDIR A UN XOGADOR CONTRARIO,UN EXPULSION XUSTA PERO QUE O ARBITRO DEBERIA APLICAR OS XOGADORES DE ROMEL DODRO TAMEN,POR QUE ESTA VISTO QUE ESTE ANO APARTE DE LOITAR CONTRA OS OUTROS EQUIPOS TEMOS QUE SUFRIR UN ARBITRAXES NEFASTOS NAS ULTIMAS XORNADAS.10 MINUTOS DESPOIS DA EXPULSION DE JULIAN,UN FALTA SEN APARENTE PERIGO A UNS SEIS METROS DA FRONTAL DA PASO O SEGUNDO GOL VISITANTE OBRA DE RICHARD.INCREIBLEMENTE NA SEGUNDA PARTE EMPEZAMOS A FACER UN BO FUTBOL MANIATANDO OS CONTRARIOS NO MEDIOCAMPO E FIRMES EN DEFENSA,FRUTO DESTO CHEGOU O GOL DE NANDO,NOS SEGUIENTES MINUTOS E ATA O FINAL INTENTAMOLO DE TODAS AS MANEIRAS PERO NON FOMOS CAPACES DE ACADAR O EMPATE,DES DE AQUI QUERO FELICITAR A TODOS OS XOGADORES PORQUE CUN HOME MENOS FOMOS SUPERIORES TODA A SEGUNDA PARTE,(TODOS MENOS UN),SINTO TAMEN POLA MOITA XENTE QUE ACUDIU A CEPELO,ESPERO CO PROXIMO PARTIDO CADA UN SEPA QUE OS PARTIDOS GANANSE EN EQUIPO,E ESO E O QUE TEMOS QUE FACER ATA O FINAL DE LIGA.

martes, 1 de abril de 2008

ZONA BASI

NEGREIRA 0 - PEPE NOYA 1
Queridos afeccionados, desgracidamente a liña descendente que se veu apuntando nas últimas xornadas non acaba de rematar. O Pepe Noya presentouse con xente nova con respecto á primeira volta e a xulgar polo seu rendemento acertaron nas contratacións.
O Negreira empezou con ganas pero pronto se veu que non era o día ideal para alzarse coa victoria. Pablito tivo unha gran ocasión aos quince minutos que non logrou materializar. Máis tarde Paco fixo dúas entradas boas pola banda dereita que levaron grande perigo.
Pero sería o xogador visitante Javi quen nunha xogada de certo desconcerto local, logrou un gran gol sacando as telarañas da escadra esquerda defendida por Berdullas.
Rematou a primeira parte e o equipo non tiña boas vibracións como máis adiante se confirmaría.
A segunda parte empezou co equipo tentando levar máis perigo sobre a portería visitante. Houbo dúas ou tres ocasións claras pero tamén o Pepe Noya tentaba ao contragolpe remachar o partido. Cabe destacar tamén no equipo visitante a Suso Sánchez que fixo un partido serio nos minutos que estivo no campo e que demostrou a súa calidade.
Ao final, outros tres puntos perdidos no camiño e o obxectivo un pouco máis lexos. Aínda queda moita liga pero teremos que cambiar moito a actitude nos próximos encontros. No vindeiro partido enfrontarémonos ao Roomel, un equipo co que existe unha grande rivalidade e que ven empurrando forte aínda que levou un certo correctivo esta última xornada.

jueves, 13 de marzo de 2008

ZONA BASI

D.CANEDA 4 - NEGREIRA 1
Queridos camaradas, motivos alleos á miña vontade me impediron esta semana manter o meu compromiso cos afeccionados ao noso blog. Os que pensen que isto ven motivado polo tremendo descalabro sufrido o pasado sábado en Chaián é porque no me coñecen o suficiente. Deberían saber que a filosofía desta sección é a de ser transmisores da realidade (tal como a vexo eu) e para iso gozo da liberdade que me tranfiríu o administrador deste blog.
Tamén algúns poderían pensar que debido a que quen suscribe isto foi un dos protagonistas negativos da xornada, podería caer na tentación de absterse da redacción da crónica ou máis alá, incluso terxiversar ésta vendo no ollo alleo a palla que no vería no meu.
Pois non amigos, non. Sen pretender facer un exercicio de autoflaxelación, non me custa admitir que o terceiro gol que encaixamos no inicio da segunda parte, no que participei activa e negativamente, truncou definitivamente as poucas aspiracións que xa nese momento tiñamos de acadar algo positivo.
Xa no descanso algúns intuíamos que a cousa non ía ben e que ía acabar peor.
Non é lóxico que logo de ir gañando cun gol de Pipi e xogando razonablemente ben, cheguemos ao descanso perdendo por dous a un encaixando uns goles de xeito infantil e tirando pola borda o noso prestixio no tocante ao golaverage defensivo.
Ás veces, alabamos a un xogador ou a outro cando as cousas saen ben, quizáis sen pensar que todos os que están no campo colaboran na victoria. Non vou caer nese erro neste momento, máxime cando neste caso non se trata de loubanzas senón de críticas, pero o certo é que algúns xogadores deberían replantearse seriamente o seu papel no equipo. E se eles non o saben ver, temos unha Dirección Técnica que non debe ter tremor en tomar decisións duras.
É certo que nos últimos partidos estamos nunha liña descendente, con algunhas salvidades fugaces pero debemos ser conscientes de que oportunidades como a deste ano non se van presentar máis. Se queremos acadar algo grande (e todavía estamos a tempo) debemos deixar todo pola nosa parte no campo os partidos que quedan. Agardemos que valores coma o compañerismo, a solidariedade, a confianza afloren nestes momentos delicados e saibamos salir a flote.
Por certo, dende a nosa humildade agardemos que esta victoria lle sirva ao Caneda para manter a categoria. Dende aquí desexamos poder contar con eles a tempada que ven pois son un equipo correcto e ten plantel suficiente para estar ahí. Contra nós o demostraron.

martes, 11 de marzo de 2008

ZONA BASI

Dende aquí pedir disculpas pola tardanza na publicación da crónica da xornada pasada . Está a ser moi duro para o noso cronista expresalo fiasco , cometido contra o Caneda Amio , un equipo que deixa de ser colista trás 18 xornadas nesa posición . Un equipo que nos endosou o 44% dos goles que nos marcaron , un equipo que nos tomou a medida , sobre todo o noso porteiro . Non pode ser escusa , que tanto el , como outros catro xogadores do equipo , viviran a noite nicrariense a tope na xornada anterior a este encontro . O problema e de actitude , xa que non podemos deixarnos 8 puntos cos dous pechacancelas da división , se queremos aspirar a romper coa exemonia dos equipos de Santiago . Non val como escusa de que "se eles xogasen sempre así non estarían onde están" , se están nesa posición por algo será . Temos que reflexionar e aprender deste descalabro , e saber que dende aquí ata o remate da liga non se poden perder máis puntos , quedan partidos moi dificiles e tanto Ramos como Alambique (e ollo o Dodro) , veñen con forza na recta final da liga.

TEXTO

domingo, 2 de marzo de 2008

ZONA BASI : SILLEDA 0 - NEGREIRA 2

Partido disputado no campo do Outeriño en Silleda onde se rexitrou unha notable afluencia de afeccionados. Parece que isto de recibir ao líder mobiliza á xente.
Os que tivemos a fortuna de disputar este partido fúmonos do campo cunha sensación moi boa, e non só polo resultado final senón polo xeito de alzarnos coa victoria final.

É de xustiza destacar que na primeira parte, sobre todo nos primeiros vinte minutos o River Silleda puido sentenciar o partido. Puido ser a baixa concentración ou tamén puido ser a combinación de campo duro e rápido cunha presión excesiva nos balóns o que fixo que nos queimara o esférico nos pés e que resultara difícil controlalo. O certo é que fora unha cousa ou outra o Silleda, como dicía, tivo hasta catro ocasións claras de gol, algunha delas a bocaxarro que repelíu convenientemente Berdullas.
Con todo, nós tamén tivemos algunhas ocasións claras. A máis importante foi unha falta que executou maxistralmente Pitu e que a piques estivo de colarse pola escadra esquerda.
Tras o vendabal local e despois do descanso, as cousas cambiaron. O equipo foise máis arriba e unha falta sobre Pipi foi o desencadenante do primeiro gol do partido acadado por Nando nun saque de falta axustada e excepcional que se colou na portería local tras tocar no poste.
Tras este gol, con períodos intermitentes de bó xogo, o Silleda incrementou os seus efectivos na última liña e tentou presionar máis arriba.
Os últimos minutos foron de infarto e cando máis presionaba o equipo local, chegaba o gol de Alfonso a pase de Paco que deixaba sentenciado o partido a dous para o final.
Foi unha segunda parte de sofrimento e a este respecto é de destacar o papel da defensa que tivo moito traballo. Resaltar as figuras dos laterais, Moreno e sobre todo Ponte que no tempo que estivo no campo aportou solidez, seriedade e tranquilidade o cal é de destacar logo dunha prolongada ausencia.
Tamén é digno destacar a Berdullas que tivo varias intervencións afortunadas que privaron ao Silleda dun resultado favorable aos seus intereses.
En definitiva, unha victoria lograda con penurias e que deixou unha boa sensación no equipo vendo como soupo repoñerse ás adversidades que se lle presentou.
Destacar tamén que nos dous últimos partidos seguimos mantendo a portería a cero o cal nos permite seguir unha xornada máis como equipo menos goleado.
O próximo partido será en Chaián fronte ao Caneda. Agardemos que tomemos este partido coa seriedade que se merece e non nos deixemos levar pola confianza como ocorreu na primeira volta onde este equipo foi o primeiro que nos fixo morder o polvo.

domingo, 24 de febrero de 2008

ZONA BASI

Por fin recuperamos a senda do bo xogo que tan bos resultados nos deu no primeiro ecuador da primeira volta. O partido foi un monólogo do Negreira salvo, como case sempre, os dez primeiros minutos da segunda parte onde o equipo, descompensado, deu certa facilidades ao rival.
Pero foi na primeira parte onde se puido rexistrar un marcador de escándalo. As entradas de Paco pola banda dereita e de Couso pola esquerda levaban perigo constantemente á meta do cancerbeiro do Sampedro.
E deste xeito, e tras un centro de Paco, rematou o capo Iuliano de cabeza nun remate espléndido no que se mantivo suspendido no aire como se do mesmo superman se tratase.
Deste xeito, cun gol a favor e con boas sensacións polo bo xogo desplegado, chegabamos ao descanso. Tras él, e como comentabamos, froito da descompensación que sofriu o equipo tras tantas sustitucións, replegámonos, cedémoslle espazos ao rival e desta forma os xogadores do Sampedro chegaron a ter dúas ocasións claras que foron repelidas satisfactoriamente por Berdullas.
Tras recuperar e equilibrio, nunha xogada ben levada por Couso pola esquerda e logo dun cambio de xogo espectacular para Paco, éste recortou na esquina da área e acadou o gol que remachaba a victoria.
Houbo outras ocasións pero non se lograron materializar. Destacar novamente o feito de seguir mantendo a portería a cero amosándonse unha xornada máis como o equipo menos goleado da categoría.
Tras os resultados acadados, os tres darriba non fallan e mantén a emoción no campeonato. Meritosa é a victoria acadada polo Alambique que logrou darlle a volta ao marcador en Ons onde perdía por 2 a 1 faltando 5 minutos para o final.
Destacar tamén o ascenso do Roomel que se mantén a seis puntos da cabeza e tamén do Pepe Noia que está a sete.
O vindeiro partido en Silleda onde deberemos confirmar o bo estado de forma.