viernes, 19 de diciembre de 2008

ZONA BASI


Veteranos Negreira 4-6 Roomel Dodro
Coido que de lamentable hai que cualificar o derradeiro partido disputado no municipal de Cepelo diante do Roomel Dodro ante unha notable entrada de afeccionados que asistiron a unha nova derrota do seu equipo nun partido trepidante que finalmente decantouse do lado do equipo visitante.
Non será nesta ocasión por culpa de non ter acerto na portería contraria pois logramos enchufala en catro ocasións. O que pasa é que non se poden encaixar seis goles e pretender gañar o partido. Supoño eu que esta semana os comentaristas e seguidores futbolísticos da comarca analizarán o partido polo miúdo tentando buscarlle unha explicación a este resultado, cando menos curioso.
Obviamente cabe pensar que temos un buraco defensivo pero eu non caería no erro de culpabilizar exclusivamente á primeira liña do equipo pois as victorias e as derrotas son imputables a todos os xogadores. A defensa comeza nos puntas que deben incrementar a presión para evitar a salida con balón xogado. Logo a medular quizáis necesite dun apuntalamento para asfixiar ao contrario. O sábado Mincha e Magariños camparon ás anchas por Cepelo sen que ninguén acertase a cortar debidamente o xogo. Logo está a defensa que está a sufrir unha alta tasa de rotación o que fai que se perda compenetración entre os xogadores. É xusto recoñecer que as baixas que está habendo ultimamente están a dificultar a estabilidade neste sentido.
Logo comezou a retahíla de goles no que se adiantou o Negreira por medio de Paco. Pero pronto o Dodro demostraría que ten un estilete digno das mellores escuadras: Richard. A marcaxe deste xogador foi tamén o punto débil do partido feito polo Negreira pois demostrou a calidade con algún gol de bela factura.
É de lamentar a lesión do Chipirón de Portosín que deixa a portería orfa para o vindeiro partido. Agardamos con ansia que se recupere tanto él coma Berdullas.
Se hemos de destacar a algún xogador éste é Soto que está a demostrar que os anos non pasan por él e a Nando que fixo un gran traballo de creación na liña de enlace.
O vindeiro partido será na casa fronte a Automic Barbanza que actualmente está terceiro con vinteun puntos. Agardemos que se recuperen algúns dos xogadores que están na enfermería.

No hay comentarios :