martes, 19 de junio de 2018

FIN DE TEMPADA

Coa disputa do Torneo Iberico, do pasado fin de semán, damos concluida esta tempada.
Polo que agradecer a todas esas persoas (peñistas, casas colaboradoras, xogadores, directivos...) que fan posible que cada ano o clube siga adiante.
Desexarvos unhas boas vacacions e para o ano voltaremos con máis forza para continuar con este proxecto.
GRAZAS.

lunes, 18 de junio de 2018

RESULTADOS TORNEO IBERICO

Despois da resaca (nunca mellor dito) do fin de semán, coa disputa do Torneo Ibérico, non achegamos moi boas noticias, xa que, o noso Clube, non puido revalidar o título do ano pasado e perdeu os dous encontros que disputou.
Os resultado foron os seguintes:
SERZEDO CF 1 - 0 NEGREIRA VETERANOS
ESTRELA DO MAR 2 - 1 SERZEDO CF
ESTRELA DO MAR 2 - 1 NEGREIRA VETERANOS
Por conseguinte, o Campión foi o equipo anfitrión do Estrela do Mar.
Noraboa.

Dende o Clube agradecer tanto os organizadores (Estrela do Mar) como o equipo de Serzedo polo trato recibido.

jueves, 14 de junio de 2018

TORNEO IBERICO

Co galo da disputa, un ano mais, do Torneo Ibérico, a continuación deixamos o planing, que nos envían dende Marinha Grande (a sede deste ano) para o Torneo.


martes, 5 de junio de 2018

ESTADISTICAS DA TEMPADA 17-18

A continuación, e tal e como se fixera en tempadas anteriores, deixamos o cadro coas estadísticas (goles, asistencia a partidos e tarxetas) así como os seus respectivos podiums, desta tempada que acaba de rematar. Os datos foron obtidos dende a páxina web da Federación.