viernes, 21 de noviembre de 2008

ZONA BASI

Partido xogado no municipal de Agrón ante unha parroquia que non puido ver como o noso equipo encadenada por primera vez nesta temporada dúas victorias seguidas. A xente de malas pulgas por ter que voltar a xogar en campos de terra. Non sei como facíamos ata o de agora..
O equipo visitante presentábase con moitas baixas e con tan só once efectivos que lle bastaron para arrancar un empate, eu coido que xusto logo dos acontecementos ocorridos ao cabo do partido.
Como consecuencia do cambio de superficie, os dous equipos amosáronse bastante cautelosos ante falla de control do esférico e as defensas non se andaban con chiquitas. Balón que chegaba, balón que saía despedido.
Poucas chegadas con perigo na primeira parte por ámbolos dous conxuntos. Non nos axudou nada a lesión muscular de Nando que tivo que retirarse para a ducha antes de tempo. Pola banda visitante, Miñones tamén andaba tocado aínda que non o suficiente para ter que retirarse.
Ao inicio da segunda parte o xogo embarullouse máis do que debería, sobre todo logo do primeiro gol do USC, obra de Paco a pase de Delfín logo dun lamentable control na área pequena de Ponte. A Directiva debería estudiar seriamente as escapadas deste xogador a certos sitios de lecer, que inevitablemente lle restan compromiso co equipo. Máis grave seria se, como se dí nalgúns foros, estas escapadas están financiadas polo equipo argumentando unha suposta prescripción falcultativa. A mín persoalmente chéirame máis ben a trato de favor a un xogador que está lonxe da súa medida e das expectativas creadas logo dunha fichaxe fulgurante. Incluso en certos ámbitos (a mín cústame creelo) se dí que se permite o luxo de aconsellar á Directiva en certos fichaxes, coma se do mesmo Maradona se tratara. Fichaxes que de seguro conlevarán algún tipo de comisión para o interfecto. O dito, a pelota está no teito da Directiva que terá que tomar medidas.
Cómpre destacar o pundonor do visitante Delfín que parece que está a vivir unha segunda xuventude. Van ser certos os rumores que apuntan a unha fichaxe por certo equipo con máis aspiracións. No obstante, é conveniente apuntar que na xogada do gol, o noso lateral atopábase mancado o que lle deu certa vantaxe ao extremo no momento decisivo do centro.
Nesta xogada o bravo goleador visitante quedou mancado nun dedo un pé, feito que convirteu en heroica cada xogada na que participou a partir dese momento. O árbitro, presionado polas protestas visitantes en xogadas con balón dividido, optaba sempre por castigar ao equipo local, o que fixo que o xogo se tornara máis violento.
Sendo así resultou cando menos curioso que os dous xogadores expulsados por parte do Negreira, Paco e Alfonso, o foran por xogadas non precisamente violentas e cando o partido estaba xa máis que rematado.
O empate veu logo dunha falta directa executada maxistralmente por Paco ao pao largo.
Convén destacar a consolidación de Enrique na portería local en detrimento de Berdullas que está a asumir a súa nova condición con moita dignidade.
Pola banda visitante, Devesa que parecía desahuciado polos contínuos enfrontamentos coa prensa e os afeccionados (e tamén cos árbitros), volveu con folgos a comandar a defensa e amosou aos seus detractores que está nun momento de forma envidiable e demostrou que a idade non é impedimento para aguantar os noventa minutos sen problemas. Xa sabemos que as malas línguas argumentan que o posto de central é un posto sen demasiada esixencia física pero todos sabemos, e eu en particular tamén, que non é así.
O próximo partido será en Lalín ás sete da tarde. Agardamos que a xente se ocupe e preocupe de asistir pois serán moitas as baixas xa esperadas por lesión e sancións.

No hay comentarios :