martes, 28 de octubre de 2008

ZONA BASI

Veteranos Negreira 2-4 Terra do Xallas Veteranos
Dicía un vello proverbio ruso algo así como “¡Caer está permitido. Levantarse é obrigatorio!”. Un proverbio que deberiamos aplicarnos o antes posible se non queremos vernos abocados aos últimos postos da clasificación. Parece que tras a primeira victoria de liga no primeiro partido non levantamos cabeza e non podemos dicir que solo sexa por méritos dos rivais (que tamén!). Probablemente existan moitos debates estos días entre os afeccionados que, a estas alturas de campeonato, estarán tentando clarificar o por qué da nosa situación da táboa.
Uns dirán que a defensa parece unha escopeta de feira, e non lles falta razón. Outros dirán que os dianteiros non apuntan ni ao arco da vella e tampouco faltarán á verdade. Outros en cambio apuntarán como culpables á directiva e ao entrenador por non ter planificado convenientemente a temporada.
O certo é que existen unha serie de circunstancias que traen como consecuencia que o equipo esté falto de confianza e seguridade, algo que se está a ver con claridade nos últimos partidos.
Os partidos co Cuntis e co Xallas son partidos similares dende o punto de vista da incapacidade do equipo para sobrepoñerse aos acontecementos. Nestes dous partidos encaixamos goles con prontitude. De feito o Cuntis incluso puido inaugurar o marcador nos primeiros trinta segundos ao lanzar un disparo do local Jorge ao longueiro defendido por Berdullas.
Estamos destacando en facetas nas que non estamos acostumados como son os goles encaixados, a pouca efectividade de cara á portería contraria, as faltas cometidas… e se a todo isto sumamos un banquillo curto e algunha que outra lesión en momentos puntuais pois está moi claro que ímos ser un claro candidato a loitar por evitar o descenso.
É de destacar a pouca intensidade defensiva sobre todo se a comparamos coa da temporada anterior e máxime cando non existen cambios significativos nesta liña.
O partido deste sábado co Xallas non tivo moita historia pois nunca estivemos metidos no partido. Tivemos algún que outro tirón pero sen opcións claras e convén resaltar a pegada do equipo contrario que nos tumbou en xogadas puntuais do partido.
O vindeiro sábado recuperamos a Delegación Cubana que virá con folgos novos e, de seguro, con algunha aportación importada da illa caribeña. Esperemos que tamén se incorpore Pitu que está a recuperarse dunha lesión nun nocello. Por contra, un servidor estará no dique seco polo menos dúas semanas por mor da expulsión do sábado e dun pinchazo no muslo esquerdo, aínda que a xulgar polo rendemento dos últimos partidos non se notará en exceso a baixa. Son o primeiro que se pon á disposición do Mr. por se considera necesario facer cambios tácticos.
O próximo partido (vital) fronte ao Peña Navegante coincide no tempo cun evento que, agardemos non incida negativamente no rendimento do equipo. Trátase da festa organizada pola orquesta Olympus para o vindeiro venres en Negreira que probablemente arrastrará irremediablemente a moitos xogadores. Esperemos que o sábado non se traslade a festa de Negreira a Conxo.

No hay comentarios :