miércoles, 11 de enero de 2012

EN MARCHA A I GALA DO DEPORTE DE NEGREIRA


Membros do tribunal da I Gala do deporte de Negreira
 Quedou constituido o tribunal que designará os premiados nos cinco apartados da primeira Gala do Deporte de Negreira, promovida pola Delegación de Cultura e Deportes e maila emisora municipal Radio Negreira, a celebrarse o vindeiro día 3 de febreiro (venres), ás nove da noite, no Auditorio do Centro Sociocultural.

O tribunal calificador está composto polos técnicos municipais de Deportes, Álvaro Lira e Marcos Pérez, quenes farán as veces de secretario do tribunal, así como representantes dos sete clubes deportivos de Negreira: Julián Ferreiro, adestrador da Sociedade Deportiva Negreira, quen exercerá de presidente do tribunal por selo clube de maior antigüedade; Francisco Lens Esperante, presidente do Clube Ciclista Negreira; Luis Antonio Zarco Casabiell, do Negreira Veteranos; Juan Berrayarza, do Clube de Kárate O Coto; Jesús Mariño, do Clube de Tenis Negreira; José Manuel Cantorna, da Escola de Kárate Akai-Ryu, e Nacho Tuñas, do Clube Deportivo A Crema de fútbol sala, ademáis de Emilio Forján, director de Radio Negreira, e Manuel Hombre Porto, concelleiro de Xuventude e Deportes, que será o único que non teña voto.
Cada clube proporá un candidato ou máis da propia entidade a través do seu representante, acompañado dun breve currículo deportivo. As propostas deberán entregarse na Delegación de Cultura e Deportes, antes do día 24 de xaneiro, cando terá lugar a segunda xuntanza do tribunal calificador.
Poderán participar como candidatos, todos aqueles deportistas en activos, ou equipos e clubes legalmente constituidos do concello de Negreira, así como deportistas ou persoas vencelladas ó deporte, en activo ou non, cuxa traxectoria deportiva sexa digna de mención especial, e tamén as entidades ou persoas que colaborasen con deportistas ou clubes de Negreira.
Apartados premios:
- Mellor deportista do 2011
- Mellor deportista promesa do 2011
- Mellor clube do 2011
- Mellor traxectoria deportiva
- Mellor apoio ó deporte coma patrocinador, colaborador e medios de comunicación.
PROPOSTAS
A Delegación de Cultura e Deportes, e Radio Negreira, en calidade de organizadores da I Gala do Deporte de Negreira, partindo dunha suxerencia do tribunal calificador, ofrecen a posibilidade de que calquera persoa física ou entidade legalmente constituida do noso concello, poidan achegar propostas vía correo electrónico sobre posibles candidatos/as, a algún dos cinco apartados dos premios da I Gala do Deporte.
É necesario aportar o nome e apelidos, o D.N.I., no caso de persoas a nivel particular; ou o N.I.F., no caso de asociacións, xunto cun currículo que xustifiquen os méritos dos candidatos/as propostos, e remitilos antes do día 24 de xaneiro ó seguinte enderezo electrónico: radio@concellodenegreira.es
FONTE : concellodenegreira.es

No hay comentarios :