jueves, 12 de enero de 2012

ANXO PERÉZ DEFENDENDO A PORTERIA DA SELECCIÓN GALEGA

selección galega sub-16 (Anxo 1º ezquerda arriba)
Anxo Pérez Barbazán foi convocado para formar parte da selección Galega sub-16 de fútbol que o pasado mes de Decembro de 2011 , en concreto os dias 28 , 29 e 30 , disputou a primeira fase do Campionato nacional de Seleccións Autonómicas , nas sedes de Leioa e Sondica en Vizcaia .

Anxo foi o porteiro titular en ambos partidos , e un dos únicos catro xogadores que disputaron a totalidade dos minutos desta fase .
Na primeira xornada Galicia caia pola mínima 4 a 3 , ante os anfitrións o Pais Vasco .
Xa no segundo encontro gañaría con certa facilidade a Extremadura por 6 a 1 .
Anxo dando instrucción a súa defensa nun lance do xogo
O pais Vasco facíase así co primeiro posto do grupo F , quedando Galicia como segunda , e polo tanto na 2ª fase o noso equipo , enfrontarase por unha predesignación de números establecida na circular da competición , o campión do grupo E , Cataluña , lider da primeira fase a nivel estatal , sendo o outro adversario , Aragón que foi terceiro no seu grupo A .
Esta segunda fase celebrarase os dias 17 , 18 e 19 de Abril , e é moi posible que se dispute en Ourense o que facilita por próximidade o desprazamento de tódos aqueles que queiran ver un gran encontro , como se presume o enfrontamento contra Cataluña , e de paso esperemos poder disfrutar de Anxo defendendo de novo a porteria  galega , co obxectivo de acadala fase final , para o cal deben quedar entre as catro mellores seleccións no cómputo das duas fases .
clasifacació xeral



copia de parte da acta dun dos encontros coa alineación galega

O selecionador Tino Arce manifestou que ten unha xeración fora do normal con catro rapaces que xa foron coa selección nacional e conta que algún máis poda ir nas próximas convocatorias , esperemos que un deles sea o noso veciño Anxo . Destacar que o selecionador nacional , Julen Lopetegui felicitou a nosa selección polo xogo realizado neste primeira fase .

No hay comentarios :