miércoles, 11 de enero de 2012

CAMPIONATO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro venrés día 13 de xaneiro o noso pobo acollerá o Campionato escolar de campo a través , onde participarán un nutrido grupo de rapaces dos concellos da contorna entre os que se atopan , Mazaricos , Val do Dubra , A Baña , Ames , O Pino , Zas .... . A organización corre a cargo da fundación deporte galego , que escolleu a esplanada que se atopa enfronte ó instituto para a disputa da proba . A mesma comenzará a partir das 11:00 coa categoría benxamín , para logo disputarse as de alevín , infantil e ramatando coa de cadete a iso das 13:00 .

No hay comentarios :