lunes, 10 de octubre de 2011
NEGREIRA VETERANOS 1 - DODRO 1
“-¡Hijos de Gondor y de Rohan! ¡Mis hermanos! Veo en vuestros ojos el mismo miedo que encogería mi propio corazón. Pudiera llegar el día en que el valor de los hombres decayera, en que olvidáramos a nuestros hermanos y se rompieran los lazos de nuestra comunidad; ¡pero hoy no es ese día! En que una horda de lobos y escudos rotos rubricarán la consumación de la edad de los hombres; ¡pero hoy no es ese día! ¡¡En este día lucharemos!!, por todo aquello que vuestro corazón ama de esta buena tierra. ¡Os llamo a luchar, Hombres del Oeste! - …”
Escollo esta cita da última película da triloxía de Peter Jackson “El Señor de los anillos” basada na novela de Tolkien na que o cabaleiro Aragom anima aos seus homes antes da batalla na Porta Negra para tentar de ilustrar o escenario que se nos presentaba antes do partido ante o Roomel. Cada partido adoita a ser como un ultimátum logo de que o bagaxe dos catro primeiros partidos da temporada sexa un único punto ao que nos agarramos e nos aferramos como se fose unha pola dunha figueira ao pé dun acantilado polo que estamos a piques de caer.
Vaia por diante que a arenga de Carballo nos prolegómenos non se asemellou ao vibrante proclama de Aragorn na célebre “El Retorno del Rey” pero sí tratou de insuflarnos un pouco de orgullo para tentar de conseguir que os tres puntos do partido se convertiran nos tres primeiros puntos da temporada.
O Negreira e o Roomel son dous equipos cunha rivalidade ancestral que fixo medrar nos dous un respecto mútuo o que deixará para a antoloxía da categoría unha ristra de dolos que non deixan indiferentes a ninguén. O equipo de Laíño renovouse nos últimos anos con reforzos interesantes mentras nós seguimos a ser os mesmos “cheiñas” de sempre, cada vez máis vellos e con menos físico pero con ganas de seguir dando guerra.
Para o partido contra o Dodro non puidemos contar con Suso que sofríu unha expulsión contra o Don Budi pero que estivo animando dende a grada ao igual que Paco con molestias físicas. Así pois Carballo dispuso que Pitu ocupara a banda dereita como novidade máis salientable e Basante II de enganche con Mario que saíu de estilete. Así as cousas, sen desenvolver un xogo deslumbrante (cando será iso…?) Mario logrou batir ao porteiro rival nunha xogada ben levada por Nando e Moreno. O noso porteiro Juán non pasou por demasiados apuros aínda que houbo un par de xogadas nas que o Roomel ben puido lograr o empate e que o noso bravo cancerbeiro atallou sen problemas.
Na segunda parte, o equipo experimentou un baixón físico. Outra lectura sería que o Roomel se veu arriba. Todo depende da cor coa que se mire. De entrada Julián pasou a desempeñar labouras de mediocampista e Basante II pasou ao centro da defensa aínda que por pouco tempo pois nunha disputa dun balón por alto o nocello non aguantou a presión da caída e cedeu saíndo pola tanxente. Vamos, que tivo un esguince de c…. ¡
O Dodro adiantou as liñas e o equipo veuse obrigado a defender máis atrás. Inevitablemente nos vimos na tesitura de ter que cometer faltas cerca da área e nunha delas, Richard logrou colar un balón na rede defendida por Juán.
Quizáis a victoria tería sido un premio excesivo para o que fixemos pero encaixar un gol a cinco minutos do final na nosa situación non fai outra cousa que encanar o mal que nos aqueixa que non é outro que unha enorme apatía. É obvio que no noso ánimo está o de practicar o balompé. Vestimos de curto, usamos un terreo de xogo e corremos detrás dun balón pero fútbol, o que se día fútbol, non facemos. ¿Ou si? Algo teremos cando aínda cos elementos en contra seguimos amando este deporte e saindo ao campo todos os sábados para disfrutar da compañía dos amigos e do calor dos afeccionados.
E falando de compañía dos amigos…. parece que presumible influencia mediática que alguén atribuía a pasada campaña a esta sección e a este cronista queda en papel mollado toda vez que a tan ansiada primeira cea da temporada se está a demorar máis do que todos quixeramos. Parece que a crise da sociedade capitalista se está a extender a outros ámbitos da sociedade e xa se está a falar de comisións millonarias no mundo do fútbol veterano, semellantes ás aparecidas nos distintos medios e referidas ao mundo da banca. Non quero pensar por nada do mundo que nos vexamos inmersos nalgún triste episodio desta natureza pero empeza a correr o run run de que a inoperancia da directiva se debe a tensións de tesourería nas contas da institución.
O dito, non sexamos malpensandos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario