lunes, 26 de septiembre de 2011

NEGREIRA VETERANOS 0 - USC 1

Mal empeza a nosa andaina na casa esta temporada. Sen moitos méritos foi o USC o equipo que levou os tres puntos de Cepelo aínda que a verdade nós tampouco estamos para tirar petardos. Hai quen apunta que probablemente a explicación hai que buscala no feito de que a estas alturas aínda non tiveramos feito ningunha cea de confraternalización. Históricamente está demostrado que o factor lúdico ten moita importancia no noso rendemento pois contribue a liberarse da presión e da ansiedade que supón estar nunha categoría deste nivel onde sábado tras sábado nos atopamos con gradas cheas de xente que fan que os xogadores menos experimentados se atopen atenazados e non poidan desenvolver o seu xogo.

Este sábado tamén se notou a ausencia de Nando porque é o único capaz de crear algo de xogo na medular e Paco tampouco estivo tan afortunado coma en outras ocasións. Volveu Suso ao equipo e de paso, ante a ausencia de Carballo, fixo cambios tácticos colocando a Basante II na punta de lanza con Mario un pouco máis retrasado. Este cambio apunta unha nova variante táctica que probablemente nos dea moito xogo esta temporada. Notouse no choque coa defensa rival e nos balóns por alto aínda que o sábado non deu o froito esperado.

Foi a balón parado onde creamos mais ocasións pois en xogada non fomos quén de chegar con perigo á área rival. Tampouco o USC se achegou aos dominios de Juán moito na primeira parte onde incorreron en numerosos foras de xogo que foron moi protestados polo banquiño visitante. En definitiva, un partido que non pasará á historia do fútbol e que finalmente se resolveu nunha xogada aislada na que o USC logrou romper o fora de xogo e superar a Juán. Esto ocorreu a falta de vinte minutos para o final o que fixo que o equipo se volcara sobre a portería visitante sen moita sorte. A dura realidade é que non fomos quén de tirar un tiro por entre os tres paos e así difícilmente podemos aspirar a gañar un partido.

Moito temos que mellorar para que o sábado aspiremos a gañar ao D. Budi en Bertamiráns, sobre todo cando parece vai a haber varias baixas obrigadas por compromisos casamenteiros. De todos xeitos, hai que rogar encarecidamente que o Director Xeral de Actos Lúdicos poña en marcha a maquinaria para que teñamos unha cita gastronómica canto antes, non vaia a ser que teñan razón os que relacionan o noso mal xogo con este tema.



3 comentarios :

Anónimo dijo...

estoy totalmente de acuerdo con nuestro cronista-central, la clave está en las cenas, hay que hablar con el mafioso para que organize una ya. en cuanto al futbol no se puede uno desanimar que esto acaba de empezar, pero tenemos que espabilar, a ver si el nuevo mister nos revoluciona.

EL SUBECUESTAS dijo...

A min o q me parece e q hai q poñerse a entrenar e deixarse d tanta cenita,a ver si se colle exemplo do equipo da bicicleta q eses si q andan e sin cenitas soo cunha tartiña e veñan costas e costas.Desvio de capital para o equipo ciclista veterano XAAA

Anónimo dijo...

ese equipo ciclista polo que din é pra xente acabada do fútbol con honrosas excepcións coma o noso cronista, que lle quedarán un par de anos na bicicleta a lo sumo!!! retirada xa!!!