martes, 6 de abril de 2010

UN BARCALES CAMPIÓN GALEGO DE TIRO Ó PRATO

José Antonio Caamaño Anido, máis coñecido como Totó, proclamouse onte domingo en O Porriño (Pontevedra), campión galego absoluto de tiro ó prato, ó establecer un récord de 74 acertos de 75 intentos nas tres tandas de vintecinco cada una das que constaba a gran final, cun acerto máis ca o seu máis directo competidor que previamente fixo 73 de 75.

Totó participará no vindeiro fin de semana no Campionato de España que se vai celebrar en Granada, pero previamente recibirá un recoñecemento do Concello de Negreira, este mércores ás 11 horas no salón de plenos municipal.
FONTE : web do concello de Negreira

No hay comentarios :