miércoles, 7 de abril de 2010

ENCONTRO VITAL POLO TÍTULO

O vindeiro fín de semán no BernabeU xogase o encontro entre o Madrid e o BarÇa que decidirá practicamente a liga 2009-2010 , pero non temos que ir tan lonxe para disfrutar dun encontro que salvando as diferencias e igual de trascendental de cara a definilo campión de liga . Este non é outro que o Xallas - Sp.Zas , da liga da Costa , e de todos é sabido que no equipo de Santa Comba militan varios xogadores orixinarios do Val de Barcala , e que son dirixidos polo noso veciño Vicente Platas .
A cita é o próximo sábado, as 17,00h, no campo de Fontenla , e a que chegan ambos conxuntos separados por un so punto a favor dos locais .

O adestrador do Xallas, Vicente Pérez Plata (Negreira, 1962), recoñece que o encuentro é vital para ambos conxuntos, polo que di: «O choque será moi disputado e difícil para os dous».
O técnico apunta que a victoria no partido de ida, por 0-1, non terá nada que ver con este partido: «Si nós estamos facendo unha excelente tempada fora do noso campo, o Sporting Zas o está facendo de forma impresionante, con unha derrota e un so empate. Os demáis son triunfos».
Vicente lamenta especialmente a baixa de Solís: «Na primeira volta, o xogador realizou un perfecto marcaxe sobre Braulio, que resultou crucial para gañar o encontro».
O preparador xalleiro, que está afrontando a sua primeira tempada no banquillo, confía nós seus homes: «Estamos concienciados de que imos a gañar, aindaque tamén sabemos que non será nada fácil a empresa».

No hay comentarios :