Partido disputado ante o Ribadavia no municipal de Cepelo que rexistrou unha entrada aceptable tendo en conta a traxectoria do equipo esta temporada. Vese que temos un nicho de afeccionados fieles que non abandonan ao equipo nas horas difíciles.
Os líderes, como era de esperar, non deron moitas opcións ao noso equipo e practicaron un xogo trenzado amosando unha boa forma física e incluso por momento practicando o xogo bonito que dirían os brasileiros. Tan só no primeiro cuarto de hora da segunda parte logramos acurtar distancias cando Mario logrou o gol de penalti cometido a Alijo.
Na primeira parte aguantamos bastante ben pero sen ocasións claras pola nosa parte. Aínda así o Rivadabia logrou dous goles, o primeiro deles con bastante fortuna tras un disparo que repeleu o largueiro e que foi machacado polo dianteiro na mesma liña de gol. O pouco xogo que canalizaba Nando menguou a partir do momento da súa lesión tras unha entrada de Quique. A partir dese momento, de medio campo para arriba a creación de xogo foi case inexistente, algo que por outra parte ven sendo unha constante durante toda a temporada.
Tras o descanso, intensificamos a presión e froito dela foi o gol de Mario. Aínda teríamos algunha outra ocasión máis nesta segunda parte pero foi desaproveitada mentras que o equipo visitante convertía en ouro todo o que tocaba. Ao final o resultado quizáis foi un pouco abultado aínda que reflexa en gran parte a diferencia entre os dous equipos. Obviamente non era un partido da nosa liga aínda que probablemente con outra actitude, outros xogadores e uns cuantos anos menos poidéramos facer algo máis.
Para colmo, o USC gañou o seu partido co Automic Barbanza e acurta a distancia con nós en 3 puntos. Xa podemos espabilar se non queremos meternos en problemas en breve. Debemos ademais ter en conta que algúns dos dabaixo teñen un partido menos polo que é perfectamente posible que nos recurten distancias.
Non me atrevería a destacar a ninguén aínda que algún que outro fixo méritos (ou deméritos) para elo. Aínda así eu mencionaría a Carballo porque empezo a darme de conta que xogar con esa idade debe ser máis complicado do que parece. No tempo que estivo no campo trenzou varias xogadas e nalguna que combinou con Alfonso creou perigo na portería rival. Creo que Cobas debería entrenar máis o xogo de toque co balón ao pe porque todos, cada vez máis, empezamos a requerir xogar desta maneira unha vez constatado que no plano agresivo non temos moito problema.
Sen dúbida o mellor do día foi a cea que tivo lugar no Fogar do Selmo en Casal de Poño. Un sitio que gustou polo ambiente agradable (aínda que nós non estemos acostumados a estas cousas), a boa comida e o prezo razoable. Creo non enganarme se digo que no futuro seguro o visitaremos de novo.
Por último voume tomar a liberdade de defenderme das críticas respecto da presunta relación entre a ausencia de crónicas e os malos resultados obtidos. Os que me coñecen saben que non me mordo a lingua (prefiro morder outras cousas) e que non me doe recoñecer as cousas cando éstas saen mal. Podo afirmar e afirmo que a ausencia dalgunha que outra crónica non ten outra explicación máis que as miñas ocupacións persoais que en ocasións me impiden cumplir coas miñas obrigas. Por outra parte non teño máis que alegrarme pois se os lectores botan en falta as crónicas é porque as len e dende logo iso é un orgullo para min.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
5 comentarios :
basi, los lunes sin tus cronicas no son lo mismo, estamos todos pendientes de ellas!!!
Bueno o resultado quedouse corto,posto que deronvos un bo repaso sen facer grandes logros inda por riba vos deixaron algun lesionado porque todo hay que decilo porque a porteria apuntaban ben pero tamen deben entrenar o das patadas posto que faciano ben,o mister estaba presente ou ausente?posto que non fixo un cambio o xeito e asi foi o resultado ainda por enriba faltaba moreno,e paco e a lesion de nando acabou de rematala,pero non se viu nada de futbol,so gritos reproches o arbitro que a maior parte delas son perdidas de tempo e ganas de que lle saquen tarjeta algun moi merecida posto que o arbitro sempre ten a razon e en caso de non tela hay que darlla,esta tempada xa esta a rematar pero se o mister sigue que se plantee ir a unhas clases pa entrenadores de futbol non de tenis q algun partido creo q se confunde e lles manda facer saques de tenis posto q pensan que a porteria esta no aire e logo poñelos discipulos a entrenar,e como sempre partido+cea posterior derrota segura¡
Sabado17abril,vaia2trombas vos a caeron a de auga era inevitable,pero non foi a excusa para que se vos afogara o xogo,encharcouse bien o campo,pero como sempre nunca choviu que non escampara,haber se o podium desta semana concedenllo a quen realmente o mereceu no partido os2golazos de Nando foron de1ªe deixou a+de algun coa boca aberta,e Sergio tamen fixo un gran partido sen duda do+destacable aparte do resultado que ultimamente abonamonos os4 e os5nos partidos da casa,pero merecidos posto que corren3por11que hay no terreo de xogo e asi é imposible non vos durmades que ainda que a temporada esta rematando hay que mantela honra do equipo rojillo....
CHAPO A NANDO POLOS SEUS DOUS GOLAZOS ANTE O DUBRA
Como se nota que se dan premios os maximos goleadores,hay podium en fin eses rollos creo que esta creando mal ambiente no campo entre compañeiros posto que crea falta de comunicacion para remar todos po mesmo lado nun partido,e non cada un querer xogar o seu partido sen contar cos demais,pq os goles non son sempre accion dun solo senon gracias a alguen que lle facilita o camiño pa marcalo gol e eso non se esta apreciando nos compañeiros e é normal que se cansen pq correr por correr 90minutos queima bastante...FALADEVOS
Publicar un comentario