O equipo dos benxamíns das Escolas Deportivas de fútbol sala do Concello de Negreira afronta este sábado na vila de Noia a fase intercomarcal da competición deportiva en idade escolar para medirse en semifinais contra o equipo do Concello de Dumbría, campión da fase regular na zona de Fisterra.
O equipo que resulte vencedor desta eliminatoria a catro pasará á fase provincial que se disputará o día 8 de maio na cidade de A Coruña.
Desexámoslles toda a sorte a estes novos xogadores e aos seus adestradores Abel Pérez e Luís Zarco, esperando que compañeiros e familiares desprácense ata Noia este sábado a animalos na cancha de xogo.
FASE INTERCOMARCAL FUTBOL SALA BENXAMÍN MASCULINO
Sábado 17 de abril de 2010
11:00 h. NEGREIRA - DUMBRÍA (PAVILLÓN ALONSO RODRIGUEZ) NOIA
11:00 h. CROCHA BALOMPE - NOIA F.S. (PAVILLÓN MUNICIPAL) NOIA
13:00 h. 3º e 4º POSTO (PAVILLÓN MUNICIPAL) NOIA
13:00 h. FINAL (PAVILLÓN ALONSO RODRIGUEZ) NOIA
Tódalas entidades deberán presentar ante o árbitro a folla do seguro deportivo do deporte en idade escolar, onde figuren a relación de participantes.
A entrega de trofeos efectuárase nas sedes correspondentes, unha vez rematados os partidos.
O 1º clasificado pasa a Fase Provincial Benxamín, prevista para o 8 de maio na Coruña.
FONTE : WEB DO CONCELLO DE NEGREIRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario