domingo, 18 de abril de 2010

BENXAMÍNS DE BRONCE

Este sábado o equipo de Benxamíns das escolas deportivas do concello de Negreira acadaron unha meritoria terceira posición na fase intercomarcal celebrada en Noia, ainda que logo do visto , quedou un sabor agridulce ó deixar pasar unha inmellorable ocasión para conquerir o pase a fase final de A Coruña .
O emparellamento de semifinais , fixeron que a eliminatoria entre Dumbria e os nosos fora unha final anticipada . O encontro foi moi disputado , chegandose ó descanso co tanteador inicial de cero a cero . Xa comenzaba a verse as claras que o que marcase sería á postre o gañador do encontro . Os de Negreira impuseron unha vez máis a calidade no xogo , pero adoeceuse de falta de pegada nos metros finais , e eles tampouco conseguían chegar con certa claridade . Os últimos minutos foron de infarto , e logo de desperdiciar os nosos unha clarisima ocasión , chegou o gol que daría o pase á final ós de Dumbria . Tal como estaba o encontro , perciviase que de chegar algún gol por parte deles sería a raiz dun fallo dos nosos en defensa , e por desgracia este produciuse a falta de catro minutos para o remate do encontro .
En certa medida notouse a ausencia de dous dos homes gol do equipo , un por lesión e outro por enfermidade , así como certo nerviosismo á hora de disputar esta fase por parte dos nicrarienses , con todo elo , o mimo ó balón , o bo xogo e a calidade quedou claro que é a seña de identidade deste equipo ó longo de toda a tempada .
Na final de consolación enfrentamonos ós de Pobra do Caramiñal , os que gañamos por 5 a 4 . Pronto nos pusemos por diante no marcador , e dominabamolo encontro , poñendonos con 2 a 0 por diante e marrando varias ocasións claras de aumentalo , pero chegaron de novo os fallos en defensa nos derradeiros minutos da primeira parte , fruto en parte do cansancio e a falta de concentración , e así foi como eles conqueriron empatar o encontro para chegar coas taboas ó descanso . Na segunda parte a sensación seguia a sela mesma , os que marcaban os tempos da contenda eran os do Val de Barcala , sempre no marcador por diante , dominaron o encontro ata o remate do mesmo , que finalizou co mencionador tanteador de 5 a 4 .
De volta a nosa vila no autobús suceredonse as promesas de voltar para o ano que ven cos benxamíns e os alevíns , os canticos , as risas e o desexo de bañarse na fonte das vacas , extremo este último do que os adestradores conseguiron disuadilos . Ó final o máis importante de todo isto é que os nosos pequenos deportistas disfruten destes momentos de deporte e convivencia .

2 comentarios :

DIRECTOR DEPORTIVO dijo...

ZARCO ESTÁS DESTITUIDO, O EQUIPO COLLEO ALVARO LIRA ATA FINAL DE LIGA.

Anónimo dijo...

Quen será ese director deportivo, e quen lle otorgou ese cargo, porque tanto ese "director" e o que o nomeou o que non saben é de deporte.
Saúdos e parabens os benxamins. O próxmo ano barren en Noia e na Coruña