domingo, 18 de abril de 2010

UNHA BOA NOVA

Dende xa temos resolto un problema que ocurría tempada trás tempada , e que non era outro que ter que emigrar ó tan socorrido por nós campo de Penerada , cando os nosos encontros como locais coincidian cos do A.D.N. . Agora so nós temos que preocupar do horario en que o faremos , xa que con esta inauguración , dase por rematada está mutilación horaria por falla de luz para poder disputalos encontros con toda garantia .

As instalacións municipais do campo de fútbol de herba artificial de Cepelo conta xa co funcionamento do novo sistema de iluminación artificial composto por catro torres metálicas a unha altura de 18 metros con seis focos dunha potencia de 1.000 watios cada un, o que fan que o recinto teña agora un total de 24.000 watios de luz artificial que supoñen unha sustancial mellora na calidade dos adestramentos, e que incluso se poidan xogar partidos de fútbol en horario nocturno.

Esta iniciativa do Concello supuso un investimento de 110.355 euros, grazas ó Plan de Iluminación de campos de fútbol financiado pola Deputación de A Coruña, e que incluíu a instalación dunha acometida para o reforzo do suministro que precisa este novo sistema de iluminación artificial que dende hai unha semana xa está operativo
FONTE : WEB DO CONCELLO DE NEGREIRA .

1 comentario :

Anónimo dijo...

Haber logo se os focos novos vos alumbrar pa ganar algun partido por goleada e non pa que vos goleen...