martes, 27 de octubre de 2009

NEGREIRA VETERANOS 2 - U.S.C. 0


Chegou a primeira victoria e tivo que ser na quinta xornada , comenza a compoñerse o equipo , as ausencias e a falla de pretemporada paganse , significativo é que nestas xornadas xogaran tres "porteiros" distintos , era preciso ter ritmo de competición e fondo de banquillo , xogadores como Paco o van a agradecer pola explosividade das suas accións , a xente do centro sufrui moito nos primeiros encontros pola falta dun momento de alento . Esperemos que todo isto estea chegando o seu fín ,e se perdemos sexa porque o contrario é superior , ou teña esa pizca de sorte , da que nos adoecemos nas primeiras xornadas , con tódolos males padecidos ata o momento , se a deusa fortuna nos chegara a sorrir un pouco (p.ex.o fallo de dous penas máximas , inoportunas lesións , cando xa contabamos con significativas ausencias , ...) , ó mellor un par de puntiños máis podíamolos ter .
O encontro ante o Universidade non foi vistoso , pero si efectivo , era preciso gañar e a diana de Paco e o autogol dos visistantes , puso o resultado final no marcador . Destacar a actuación de Outeiro que ante as moitas ausencias estase a facer co posto no lateral , pode que necesitara continuidade nas xornada e minutos de xogo , e iso acontecelle este ano , amosando que pode estar chamado a facer grandes cousas . Como sempre destacaron Nando e Paco , e que están nun estado de forma e xogo por riba dos demais , esperemos que o resto se vaian poñendo a súa altura e estaremos chamados a conquerir importantes éxitos , magoa do tempo perdido polo camiño . ¿Comenzará a funcionar o "Ferrari" , o "rodillo rojillo" , so o paso das xornadas nolo dirá?

No hay comentarios :