domingo, 1 de noviembre de 2009

ROSALIA 0 - NEGREIRA 2 . EMPEZA A REMONTADA ..........?


Acadouse este sábado un bó resultado ante o Rosalía que pudo ser mellor se os nosos craks non fallaran dous penaltis cometidos o primeiro tras unha man dun defensa local e o segundo tras unha entrada a Moreno pola retaguardia que, baixo a miña opinión, debeu levar aparellada a expulsión do defensa. Este resultado ademáis foi consecuencia do xogo desplegado e das contras protagonizadas as máis das veces por Nando, Paco, Mario, Capi e Bilardo que mataron ao Rosalía en momentos cruciales do partido.
Nos prolegómenos do partido o Mr. Cobas tratou de ocultar a súa satisfacción por contar por primeira vez nesta temporada con todos os xogadores á súa disposición pero era sabedor do potencial co que conta esta temporada logo das novas incorporacións e das recuperacións dos lesionados.
O Mr. optou por introducir poucas variacións tácticas respecto de partidos anteriores aínda que sí fixo uso da polivalencia de varios xogadores situandoos en distintos postos como foi o caso de Moreno ou Ponte. O plantexamento de Cobas tardou pouco en facer efecto pois os ataques do Rosalía foron neutralizados con certa facilidade e á contra Paco habilitou a Alijo para anotar o primeiro gol do partido a portería vacía.
Ofensivamente o Rosalía non inquieteu en demasía pois a defensa estivo atenta e seria secundados por un excelente Juan na portería que sacou dous balóns que case foron cantados como gol pola parroquia local.
Destacar na primeira parte un gran saque de falta directa botada por Nando que atallou fenomenalmente o porteiro local e un man a man de Paco co porteiro que non fructificou. As internadas de Capi pola banda esquerda tamén fixeron moito dano ao Rosalía.
Xa na segunda parte, o partido quedou encarrilado cun golazo de Nando de cabeza tras un centro perfecto dende a banda dereita a cargo de Paco. Aínda así habería tempo para máis oportunidades, amén dos dous penaltis reseñados que nin Suso nin Paco acertaron a meter na portería. Este é un dos puntos no que habería que traballar pola semana e o Mr. debería impoñer o seu criterio tendo en conta que non contamos cun especialista na materia. Nesta ocasión, esta circunstancia non tivo incidencia no resultado final pero no caso do partido contra o Cuntis supuso a perda de dous puntos.
O Rosalía tras o segundo gol en contra e espoleado polo desperdicio visitante dos dous penaltis tentou meterse no partido cun gol que nunca chegaría pois a defensa estivo sempre vixiante e o cancerbeiro estivo excepcional ante as poucas ocasións locais.
Coido que se debería incidir en traballar máis na estrategia a balón parado e en tentar mellorar a estatística de goles encaixados que nos situaba na xornada anterior como cuarto equipo mais goleado.
Logo dos resultados desta xornada cómpre destacar ao Mirador de Padín que segue firme na primeira posición aínda que cunha diferencia de 5 puntos con respecto ao Negreira que se sitúa na posición décima da táboa clasificatoria.
Parece que as perspectivas de futuro a curto prazo son boas unha vez recuperados aos lesionados aínda que non debemos caer na desidia e no conformismo.
A vindeira cita será en Cepelo ás catro e cuarto fronte ao Bertamirans que únicamente conta con 3 puntos tras a única victoria coa que conta ante o Universidade na terceira xornada, o cal non parece ser suficiente mérito esta temporada visto como se atopa o equipo da USC. Agardamos a súa recuperación polo bó do espectáculo da liga de Veteranos.

1 comentario :

WEBMASTER dijo...

Dar as gracias ó cronista oficial por retomar a senda dos comentarios das xornadas , logo dun impás que todos acertamos a comprender . As ansias pola túa colaboración , chegan agora o seu fín , é momento de voltar a disfrutar da visión de quen saber ler os encontros como ninguén .