martes, 14 de octubre de 2008

ZONA BASI

Asador Alambique 3 - 0 Veteranos Negreira
Antes de nada quería pedir disculpas pola ausencia de crónica da semana pasada xa que as miñas ocupacións non me permitiron cumplir con esta sección. Espero que esta circunstancia non afecte ao meu contrato.
Unha nova derrota este sábado en Chaián fronte ao que, a priori, debe ser un potencial candidato ao título. Polo menos a xulgar polo que levamos de temporada. De todos xeitos debemos sacar unha lectura positiva dos encontros que levamos disputados ata o momento. O xogo desplegado fai pensar que o equipo non anda lexos da medida que pode dar.
Cobas dispuso os peóns no campo de xeito que na primeira parte o Alambique non era quén de chegar con perigo á portería defendida esta vez por esa auténtica lenda que é Enriquito, que fixo un partido moi completo (xogou os noventa minutos) e mandou ben dende atrás.
Nesta primeira parte incluso nos poidemos adiantar en varias xogadas, como unha na que Nando estivo listo e rouboulle a carteira a un defensa pero non soupo definir.
Paco entrou varias veces pola banda dereita pero os seus centros non atopan quén de rematalos. Ésta sí é unha constancia e parece que vai ser a tónica de toda a temporada. Sen ser unha excusa notamos en exceso a baixa de Cobas arriba. Con este comentario non quero quitarlle méritos aos dianteiros, simplemente as facultades e condicións son ben distintas.
Na segunda parte o Alambique foi sementando a victoria sobre varios fallos nosos. Con todo non é cuestión de quitarlle méritos xa que ten un bo conxunto. Sirva como exemplo que tras catro partidos de liga aínda non encaixaron ningún gol.
Esta derrota sírvenos para colocarnos no ecuador da clasificación. O vindeiro sábado visitaremos o campo do Cuntis que, casualmente, ten uns números clavados aos nosos coa diferencia dun gol en contra. Neste partido non poderemos contar co estilete da defensa Suso que fará unha visita institucional ao líder revolucionario Fidel na Habana. Esta cita foi concertada logo de hábiles negociacións dos nosos directivos e Suso viaxará arropado por unha comitiva na que tamén estarán Chito, Maroñas e compañía. Existen rumores (eu coido que infundados) que un dos motivos da visita ten que ver cunha suposta venda de información privilexida relacionada coa motivación dos xogadores no campo de fútbol. Fontes non confirmadas afirman que existe unha escola de fútbol na Habana que investiga neste campo científico e que dita escola foi posta en funcionamento por Maradona nunha das recentes visitas á illa.
Dende o noso humilde punto de vista, se o noso equipo ten falta de algo non é disto pois conta nas súas filas con Piturámix que nos nosos encontros lúdicos que temos pon en práctica esas pócimas que tanto nos elevan ao espíritu a todos.

1 comentario :

Anónimo dijo...

Estas disculpado por esta vez pero sentindo moito temos que reducirche a tua asignacio mensual . Pero vexo que voltaches con máis sorna que antes ,eso está ben .O de Suso é unha nova xentileza da directiva dos veteranos que periodicamente agasalla cunha viaxe os seus xogadores , lembrade o viaxe de Ponte , Maga e Caporro a Londrés , onde xa forá tamén Suso ou as inumerables veces que lle toca a Ponte un fín de semán en casa de turismo rural , ou balneario . De todolos xeitos estalles a tocar sempre ós mesmos .Próximamente sortearemos unha a Australia , haber a quen lle toca esta vez