lunes, 7 de mayo de 2007

ZONA BASI

Partido o que se presentaba este sábado contra o Boqueixón con incertidumes pois o equipo adolecía de baixas circunstanciais importantes (Suso, Cobas, Nando), amén das sabidas por lesión (Vilela, Pedraza..). Tampouco había que esquecer a posición que ocupaba o Boqueixón na táboa clasificatoria, segundo a pouca distancia do Maderas Ramos.
En todo caso, ó final, resultado inmerecido para os dous equipos tendo en conta o desenvolvemento do encontro no que o Boqueixón pouco máis fixo que o gol, nun despiste defensivo.
O partido foi un ataque constante do Negreira cun xogo non moi florido pero sí constante e físico que puso en serios apuros ó Boqueixón. Pero, como pasa moito no fútbol, a posesión de balón non gaña partidos. Non sería unha esaxeración dicir que a posesión foi dun 70% – 30% a prol do Negreira. O único gol do partido, nun balón que a defensa visitante non soupo despexar, foi un tanto inxusto para os merecementos de ámbolos dous equipos.
Pero tamén foi o partido fiel reflexo dos atributos de cada equipo. Un equipo, o Negreira, que adolece de reforzos en postos clave e outro o Boqueixón que por algo ten ó máximo artilleiro da categoría, amén dun fenomenal porteiro.
A afección espera que o equipo se reforze adecuadamente para a vindeira tempada pois ésta se vai coa sensación de poder ter feito algo máis, sobre todo na Copa.
A vindeira e última xornada o Negreira visita a cancha do Cuntis nun partido intrascendente que servirá para que os xogadores que están na corda floxa se reinvidiquen diante da afección e do cadro técnico.

2 comentarios :

Anónimo dijo...

joer joer joer ke malos ke sois no le ganais ni a los super veteranos MANTASSSSSSSSSS

Anónimo dijo...

Se queres facemosche duas probas a fútbolística , e a de peñista . Serás quen de pasar algunha KKKKKK