martes, 8 de mayo de 2007

COPA VETERANOS

O próximo día 17 de maio, Día das Letras Galegas, disputaranse as semifinais dun torneo ó que logo tan sólo lle restaría por disputar a Xornada de clausura, ou o que é o mesmo, a xornada da gran final.
O pasado sábado 28 de abril decidíanse os oitavos de final: Muebles Guadalupe-Bar Nieto Chaián, 1-1 (por penaltis Bar Nieto); Almacenes Cancela Tordoia-Comercial TFN Villestro, 1-0; Rosalía-CasaBarqueiro O Cotón, 4-1; Míguez Cutrín Marrozos.Peña Navegante, 0-1; Deportes Caneda Amio-Berres, 5-2; Universidade de Santiago-Castrosúa, 3-2; Maderas Ramos-Pontenafonso Deportes Casais, 4-0; Metal Noia-Restaurante Ribadavia, 0-2.
Apenas sen tempo de descanso, o día 1 de maio, disputabanse os cuartos de final, eliminatoria que non deixou indiferente a ninguén xa que dous dos enfrentamentos tivieron que decantarse dende o punto de penalti. Os resultados foron: Bar Nieto Chaián-Almacenes Cancela Tordoia, 1-0; Rosalía-Peña Navegante, 1-1 (nos penaltis o Peña Navegante gañou 4-2); Deportes Caneda Amio-Universidade, 1-1 (nos penaltis impusose o Amio 5-4); Maderas Ramos-Restaurante Ribadavia, 1-3.
As semifinais, o día 17, quedan así: Bar Nieto-Peña Navegante y Amio-Rte. Ribadavia.

No hay comentarios :