domingo, 15 de abril de 2007

ZONA BASI

Saben ben os entendidos do fútbol que xogar ben non sempre é garantía de victoria. Hai que mata-los partidos cando se ten ó rival a punto de caramelo. E o Negreira foi incapaz de da-la estocada definitiva a un Guadalupe que toreou bastante ben. Éste pode se-lo resume do partido disputado polo Negreira esta fin de semana en terras de Boiro.
Ó final reparto de puntos que se antoxa como un premio menor dada a superiodade manifesta do equipo visitante. Nembargantes co empate acadado, o Negreira case que logrou virtualmente permanencia na división de honor de fútbol Veteranos. Os 31 puntos cos que conta o equipo de Antenas déixano a 8 da zona perigosa e tan só quedan 3 partidos para o remate da actual tempada.Os homes de Antenas víronse sorprendidos nalgúns momentos da primeira parte pola internadas do equipo rival o que fixo que o equipo local se adiantara no marcador. Antes do descanso, Cobas unha vez maís lograría o gol do empate que dedicou a Javier.O resto do partido foi un monólogo do Negreira que tivo innumerables ocasións de gol e con rachas de bo xogo. As ocasións sucedíanse:Cobas, Zarco, Pipi, Nando, Alfonso e cando faltaban 5 minutos para o remate novamente Zarco na mesma liña de gol tiveron ocasións dabondo para fura-la portería rival.Nando amosou ser o mellor xogador do partido con grandes pases para as entradas de Alfonso, Pipi e Cobas e control do xogo no medio do campo.
Por outro lado, o cadro técnico, en vista da case segura permanencia, deberá empezar a sondea-lo mercado con vistas a configura-la plantilla para a vindeira tempada. Os obxectivos deben pasar por equilibra-lo equipo e tratar de fortalecer o grupo nalgunhas liñas pero sempre con xente que non só aporte goles ou bo xogo senón bo ambiente ó grupo.Harmonizar estas dúas cousas non é fácil e deberá ser precisamente o reto dos técnicos.O próximo partido, en Calo fronte ó Restaurante Rivadavia o vindeiro 21 deste mes de abril.

No hay comentarios :