jueves, 9 de agosto de 2012

O Negreira acusa menos o calor e o cansancio que As Pontes (1-0)


Munín acertou nun disparo e clasifica ó seu equipo para semifinais onde se enfrentará ó Fabril
Bo partido o xogado entre Negreira e o As Pontes. Os locais clasificaron para semifinais despois dun partido intenso que acabou esgotando ós dos equipos. Foi un choque aberto con ocasións para ámbolos dous bandos. Na primeira metade o equipo tratou de impoñerse ó rival pero non foi quen de dominar ós de Manolo García. A mellor ocación foi de Diego Otero pero o seu remate sacouno a defensa pontesa na mesma raia de gol. Logo Bosssa, nun corrner, casi anota un gol olímpico pero o balón non quixo entrar. Tanta intensidade non mudou o choque na segunda metade. Houbo outras dúas opcións claras do CD As Pontes para adiantarse na eliminatoria pero os nicrarienses aguantaron.
Oreiro tivo que retirar no descanso a Sergio Ríos, o porteiro sentíu un picazo muscular, e deulle a oportunidade a Óscar Vilariño. Neste segundo tempo, o equipo que se adiantara no marcador sería o que certificase o pase. Munín avisou antes do gol cun remate que sacou Kiko extraordinariamente. Logo non fallou e aproveitou lanzando un rexeite que se foi ó pau da meta visitante. O gol deu azos ó As Pontes para tentar igualar o partido pero xa non eran capaces. Só Cañi, fresco, puxo en perigo o resultado coa súa velocidade no García Calvo. O resultado xa non cambiou e a SD Negreira xogará este domingo no seu feudo a semifinal da Copa Deputación diante do Fabril.
Ficha técnica
Negreira: Sergio Ríos (Óscar Vilariño, min. 46), Rego, Marcos, Gonzalo Iglesias (Óscar Vidal, min. 67), Munín (Roberto, min. 77), Toño, Adrián, Manuti, Diego Otero, Gonzalo (Dani Méndez, min. 46) y Hugo (Diego Gesto, min. 46).
As Pontes: Kiko, Jorge Nano, Pablo López (Rochela, min. 63), Chote, Pablo Domínguez, David Piña (Esmorís, min. 66), Iván González (Javi, min. 7), Bossa, Eloy, Dani y Sergio Arias (Cañi, min. 66).
Árbitro: Espansandín Cores, del colegio coruñés. Enseñó tarjeta amarilla al jugador local Marcos y a los visitantes Esmorís y Bossa.
Gol: 1-0, min. 75: Munín.
Campo: Jesús García Calvo, ante unos doscientos espectadores.
FONTE: axogada.com

No hay comentarios :