lunes, 13 de agosto de 2012

O Negreira sucumbe por cansancio diante un bo Fabril (0-1)

So un gol en propia meta fixo que os nicrarienses quedaran fóra da final

O Negreira caeu coas "botas postas" diante do Fabril, pola mínima e froito do cansancio de xogar mércores-domingo cun plantel tan curto. Iso si, o Fabril amosou por momentos que será un dos favoritos á consecución do campionato de Liga. Para elo a proposta futbolística dos de Devesa deberá ter algo máis de profunidade da que amosaron no García Calvo. O partido tivo un guión claro e case único. Balón e dominio branquiazul no primeiro tempo cunha clarísima ocasión que Óscar Vilariño evitou que acabase en gol. O Negreira aínda se creceu para a través dun remate de Munín para gozar dunha excepcional oportunidade que desbaratou Marc Martínez e aínda puido facer outro antes do descanso pero a pelota marchou por fóra da portería.

No segundo tempo, os locais atreveronse a xogar con dous puntas para tratar de tutear ó Fabril. O choque foi máis espeso que no primeiro acto e os coruñeses daban a sensación de estar máis espesos físicamente pero igual de áxiles para desfacer a igualada. O Negreira puido marcar á contra pero un erro nun rexeite despois dun disparo á porta de Vilariño acabou do desgraciado tiro de Óscar Vidal contra a súa propia portería. Este tanto deu tranquilidade ós de Devesa para afrontar o derradeiro treito do partido sen moitos máis apuros que as intencións de empatar do Negreira.

Ficha técnica

Negreira: Óscar Vilariño; Rego, Munín, Marcos, Diego Gesto (Ayaso, min. 75); Toño (Óscar Vidal, min. 46), Manuti (Gonzalo Iglesias, min. 65), Hugo Arnejo (Adán, min. 46), Adrián, Gonzalo Suárez e Diego Otero.

Deportivo B: Marc Martínez; González (José Manuel, min. 60), Uxío, Rober (Dani Iglesias, min. 60), Ángel; Sidibe, Romay, Vela, Víctor (Queijeiro, min. 60), Lemos, Adrián (Cano, min. 60).

Gol: 0-1, min. 72: Óscar Vidal, en propia meta

Incidencias: Semifinal da Copa Deputación da Coruña xogada no Jesús García Calvo, cunha boa entrada.

Fonte: Tebio Barallobre para axogada.com

No hay comentarios :