jueves, 16 de agosto de 2012

O compostelanista Paco comeza a adestrar co Negreira

Oreiro descarta a Diego Ayaso por decisión deportiva Francisco Allo Perol "Paco" (A Baña 1989) foi descartado pola SD Compostela tralas contratacións de Gonzalo e Catú. Nos últimos días o club santiagués e o xogador trataban de chegar a un acordo para a rescisión de contrato ou unha cesión a outro conxunto. Polo momento Paco adestra coa SD Negreira de Javier Oreiro á espera das conversas que manteñen a SD e a entidade nicrariense. Co orzamento casi cuberto para o primeiro equipo, o Negreira espera que o Compostela asuma a maior parte da ficha do xogador. Paco formado nas categorías inferiores do Compostela, tamén pasou polo Santa Comba antes de regresar ó Compostela baixo o formato de Campus Stellae. Por outra banda, Oreiro tamén tomou unha decisión definitiva sobre Diego Ayaso Gómez (Ribeira 1991). O adestrador non conta co centrocampista que estivo a proba durante toda a pretemporada. Durante este período de prepración tivo moitas posibilidades de quedar pero a chegada de Manuti e, sobre todo, a incorporación de Paco para adestrar parecen pechar definitivamente a súa porta. FONTE: axogada.com

No hay comentarios :