martes, 13 de diciembre de 2011

XXIII edición da Festa do Tenis

O vindeiro sábado 17 de Nadal ás 18:00 horas no CC Mercantil e Industrial de Vigo (Salón Regio en Príncipe, 44 Vigo) celebrarase a XXIII edición da Festa do Tenis, na que se farán entrega dos trofeos desta tempada. O Clube Tenis Negreira recollerá o premio que lle acredita como Subcampión Galego por equipos veteranos junior +35 zona norte.

No mesmo acto o xogador e capitán do clube negreirés , Carlos Suarez recollerá os premios que o acreditan como Campión Galego individual veteranos + 45, Campión Gallego de dobles veteranos +35 e Campión Gallego de dobles veteranos + 45. Noraboa a todolos integrantes do clube de tenis Negreira e en especial ó seu capitán Carlos Suarez .

No hay comentarios :