lunes, 12 de diciembre de 2011

Pepe Noia 0 - 1 Veteranos Negreira

Xa case ninguén lembra a primeira, única e contundente victoria do noso equipo, alá polo mes de outubro cando fomos quén de endosarlle seis goles a un Cuntis que agora se atopa na metade da táboa clasificatoria. Todo o mundo estaba dacordo en que a posición de pechacancelas que ocupábamos non era digna da calidade do equipo pero non debemos esquecer que algo teríamos que facer (ou deixar de facer) para ser o último da clasificación. Certamente que a sorte non nos acompañou en ningún partido e naqueles casos onde esta variable influeu para un lado ou para o outro nunca se acordou de nós. Pero o principal problema do noso equipo é a notable dificultade que temos para facer gol e iso veuse no partido disputado fronte ao Pepe Noia en Touro.
Carballo plantexou unha variante táctica colocando unha defensa con tres centrais e dous laterais con recorrido. Na medular sitouse Suso e Rafa cos irmáns Couso facendo das súas. Chaca fixo un partido espectacular, buscando sempre o balón, asumindo a responsabilidade e poñendo sempre en dificultades aos defensas locais. Na punta saíu de inicio Mario que, aínda mermado por unha lesión, tivo dúas ocasións francas para adiantar ao equipo.
Esta nova disposición táctica sobre un campo de notables dimensións tornouse decisiva pois o traballo defensivo foi impecable e o Pepe Noia só foi capaz de poñer en apretos a Juán nos últimos minutos onde se volcou para tentar lograr o empate. O gol da victoria foi obra de Rafa que empalmou impecablemente un segundo balón dun córner botado por Couso I.
Merece destacar as actuacións de varios xogadores como foi a polivalencia de Sergio que na segunda parte desempeñou labouras de contención no medio do campo ou o traballo defensivo de Capi, Suso, Pitu e Julián que atallaron en todo momento as internadas atacantes.
Esta semana foi sen dúbida de gran valor positivo pois á victoria desta fin de semana hai que engadir os empates ante o River Silleda, e o Dubra co que xa logramos acadar a cifra de 11 puntos e poñernos a un tiro de pedra dos postos da salvación. Afortunadamente e tal como algúns pensábamos, o tempo habería de poñernos no lugar que nos correspondía e e que dende logo non era o que ocupábamos.
O vindeiro sábado visitará Cepelo o Rosalía, un rival clásico da categoría e a conta do cal pensamos celebrar unha nova victoria na cea de nadal que celebraremos pola noite no Restaurante Tamara coas consortes.

No hay comentarios :