jueves, 6 de octubre de 2011

A XORNADA DEPORTIVA DA FÍN DE SEMÁN

Os Benxamins do Negreira viaxan como lideres do seu grupo ata Melide para enfrontarse ó Cire Melide ás 11:00 .
Na categoría Alevín logo do aprazamento da primeira xornada , comenzarán a liga en Santiago contra La Salle B .
Os Infantís da S.D. xogan o sábado en Cepelo ás 12:00 contra o C.D.Lugo .
Xa pola tarde será o turno para os veteranos que reciben ó Roomel a partir das catro en Cepelo co único obxectivo de sumalos tres primeiros puntos .
Logo do encontro dos veteranos en Cepelo virá o debut dos Xuvenís B ante o SP.Estrada ás 18:30 .
Unha nova victoria , para non rompela extraordinaria racha do comenzo de liga , é a que tentarán acadalos Xuvenís A en Lalín ante o equipo local , ás 16;30 será o comenzo do encontro .
O Negreira visita o Domingo ás 17:30 tamén o Miguel Anxo Cortizo , para complatalo dobre enfrontamento da fín de semán entre os de Negreira e Lalín .
Xa na Terceira rexional nos seu grupo 7 o Negreira B viaxa a Tordoia onde xogará ás 16:30 , e a Luaña visita o campo do Rarís . No grupo 8 o Agrón enfontase co Rial a domicilio .
En fútbol sala La Crema debuta esta tempada como local no pavillón de Pedra Mamoa o sábado ás 18:00 ante o Troula F.S..


No hay comentarios :