lunes, 11 de octubre de 2010

NEGREIRA VETERANOS 2 - PEPE NOIA 0

Victoria moi traballada a acadada este sábado ante o Pepe Noia, un clásico da categoría que se presentaba no municipal de Cepelo con dúas caras novas con respecto á temporada anterior.
Antes do comezo do partido empezaron a alimentarse os rumores sobre a posible dimisión do alineador dado que non se presentou á hora do partido aínda que pronto quedaron disipadas as dúbidas tra-la confirmación do director técnico que tiña permiso do clube para ausentarse por motivos personais.
Ante esta ausencia foi Suso o encargado da arenga previa ao partido na que incidíu na necesidade de aumentar a intensidade defensiva ao mesmo tempo de retroceder as liñas para deixar a iniciativa ao equipo rival. Ante as ausencias de Rafa, Sergio, Couso e Suso de Santa Comba o equipo inicial foi Juán da Luaña nos paus, liña defensiva con Capi na banda esquerda, Julian e un servidor como centrais e Pitu na banda dereita, por diante da defensa xogaron Santi e Suso, organizando estaban Nando e Jano e arriba xogou Alfonso e Mario.
E tal como se prognosticaba, o Pepe Noia saíu apretando, combinando e con gañas de chegar á portería pero o certo é que esta vez sí defensivamente estivemos de dez e os ataques rivais diluíanse antes de chegar á nosa área. Ademais todo se puso de cara pois aos quince minutos de partido, nunha xogada sen perigo aparente, Alfonso rematou un balón de cabeza e de espaldas á portería que sorprendeu ao porteiro visitante suponiendo o 1 a 0 do partido.
O partido segueu a mesma tónica durante a primeira parte, co Pepe Noia combinando pero non lograba chegar con perigo.
Tras o descanso máis do mesmo porque o equipo visitante seguíuno tentando pero o equipo (non só a defensa) logrou desfacer todos e cada un dos arreóns visitantes. O partido tornouse por momentos un pouco bronco con algunhas xogadas de contacto que provocaron que o árbitro perdera momentáneamente o control do partido e tamén a confianza que os dous equipos puxeran nel. Ao final non chegou o sangue ao río aínda que algún sí levou algunha que outra mazadura. Juán e máis Santi encargáronse delo.
Cando o Pepe Noia andaba na procura do empate chegou o gol da tranquilidade a dez minutos do final obra de Mario ao tirarse en plancha e rematar un centro de Paco dende a banda dereita.
En definitiva, o equipo visitante puxo o fútbol e nós puxemos os goles. Quizáis atopáramos este sábado o sistema ideal para os xogadores cos que contamos esta temporada. Foi notable e decisiva a achega defensiva e a implicación de todos os xogadores e cando foi menester entre Jano, Nando, Paco puxeron o tiqui taca necesario para mata-lo partido.
Tras os resultados acadados este sábado ocupamos a sétima posición da táboa clasificatoria e os dous próximos partidos serán contra o Boqueixon e Maderas Ramos na casa. Ahí poderemos comprobar a fiabilidade do sistema defensivo e de seguro serán a pedra de toque para validar as nosas aspiracións nesta liga.
AS CRÓNICAS DA XORNADA DOS OUTROS ENCONTROS DA DIVISIÓN DE HONOR (PON O CURSOR PARA VELO RESULTADO OU PINCHA NAS IMAXES PARA LER AS CRÓNICAS):

3 comentarios :

Anónimo dijo...

basi, tienes que dedicarte a esto profesionalmente. santi, tu tienes que trabajar en el matadero de santa comba...

WEBMASTER dijo...

A pesar de que poucos por aquí o recoñecen , noutras páxinas sobre fútbol , nas cales colgo a crónica do noso partido , está a recibir contunias felicitacións . Quen sabe algún pode que viva disto . ¿Qué porcentaxe me corresponderá a min por selo seu descubridor ?

Cronista dijo...

Confeso que empezo a estar un pouco intrigado con esas observacións do webmaster...