De todos é de sobra coñecido que cando as cousas saen ben resulta moi doado elaborar unha crónica. Nembargantes, cando se fai un partido desastroso é moi complicado dar explicacións e buscar culpables.
A cita neste caso foi en Cepelo fronte a un Boqueixón con algunhas caras novas respecto da tempada anterior e dende logo, fútbol o que se dí fútbol, moito non xogamos.
Non creo de todos xeitos que se trate de buscar culpables porque todos, algunha vez, fallamos nalgún momento. Fallamos cando se trata de despexar un balón cerca da nosa área e o equipo contrario o aproveita, fallamos cando non logramos meter gol na portería contraria en xogadas claras, fallamos cando perdemos balóns no medio do campo e logo a xogada desemboca en gol do equipo contrario, fallamos cando queremos cederlle o balón ao porteiro e o córner que se provoca o aproveita o equipo rival…. Poderíamos estar así ata mañán e cada un dos que xogamos seguro que se lembraría dalgunha xogada similar a éstas.
Persoalmente coido que deberíamos analizar polo miúdo os efectivos que temos, as cualidades que ten cada xogador, interiorizar as nosas debilidades e ver qué tipo de fútbol debemos practicar para maximizar as posibilidades de éxito. Mentras non fagamos iso estaremos ao albur da inspiración dalgún xogador nun momento determinado que, de non producirse, provocará irremediablemente a derrota do equipo.
O sábado saímos con intensidade defensiva similar ao partido co Pepe Noia pero fallos puntuais que se poderían atribuir á mala sorte fixeron que ao pouco de empezar estivésemos por debaixo no marcador. Foi nunha falta provocada cerca da área que Berdullas non soupo atallar. Aínda así Jano, que estivo moi activo todo o partido, tivera xa un par de ocasións anteriormente, unha delas tras un disparo dende case o medio do campo. Antes do descanso viría o empate tras un remate de Mario a centro de Jano, aínda que nos iríamos con 1-2 logo de adiantarse novamente o Boqueixón nunha xogada de dubidoso fora de xogo.
Na segunda parte houbo cambio de cromos na dianteira visitante substituíndo Juán a Lino tratando de ter unha referencia arriba para aguantar a saída de balón prevendo que nos volcáramos na súa portería buscando o empate. E así sucedeu, pois tentamos apurar a maquinaria ofensiva aínda que con pouco acerto pois os cambios tampouco melloraron moito o visto ata ese momento.
Deste xeito e cando no-las prometíamos felices ao empatar a quince minutos do final, nunha xogada sen perigo concedemos un córner que provocou á postre o gol da victoria para o Boqueixón.
En definitiva e como conclusión, fómonos coa sensación de ter podido facer algo máis pero, ben por mala sorte ou ben por non saber xestionar o partido en momentos puntuais, deixamos que levaran os tres puntos e deste xeito situarse quinto na táboa clasificatoria.
Nós, pola nosa banda, baixamos ao posto noveno tra-lo empate do Don Budi ante o Maderas Ramos que visitará o vindeiro sábado o campo de Cepelo.
Para entón deberemos ter resolta a cuestión filosófica do noso xogo pois parece que este ano hai equipo para algo máis que o que estamos a demostrar partido a partido.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
2 comentarios :
pienso que es muy temprano para el equipo, hay jugadores nuevos, un nuevo mister, el equipo está empezando a conocerse..., cuando demos con el patrón de juego que nos va bien pienso que vamos a ser un equipo muy dificil de ganar,que no decaiga el animo!!!
pd: y chanquete se está poniendo como un cañón, en diciembre va a ser el azote de las defensas!!!
O que fai falla no equipo é un tipo que traballe no concello , que sexa un calzonazos , e que lle gusten os balnearios e as casas de turismo rural .
Publicar un comentario