miércoles, 8 de septiembre de 2010
INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS
Xa está aberta a inscripción para anotarse ás escolas deportivas do concello de Negreira , e que se celebrarán dende o 4 de outubro ata o 29 de abril . Estás son as propostas dende o concello para tódolos veciños de Negreira :
Predeporte , para nenos de 3 a 5 anos , os lúns e venrés de 15:30 a 17:30 , no C.E.I.P. o Coto .
Atletismo , para maiores de 6 anos , os martes e xoves de 22:00 a 22:00 , no I.E.S. Xulián Magariños .
Baloncesto , para maiores de 8 anos , os sábados de 15:30 a 17:00 , no pavillón de Pedra Mamoa .
Fútbol sala , para maiores de 6 anos , os marte e mercores de 16:45 a 20:30 , no pavillón de Pedra Mamoa . Tamén terán competición contra outras escolas deportivas os venrés .
Kárate , en horario establecido polo clube "O Coto" ( información no bar Suarez ) , será no C.E.I.P. O Coto .
Multideporte , para maiores de 6 anos , martes e xoves de 15:30 a 17:30 , no C.E.I.P.O Coto .
Tenis , para maiores de 6 anos , venrés de 17:00 a 19:00 e sábado de 10:00 a 14:00 , nas pistas de tenis de Pedra Mamoa .
Patinaxe , para maiores de 4 anos , os lúns e xoves de 16:45 a 20:30 , no pavíllón de Pedra Mamoa .
Ximnaxía de mantemento , para maiores de 18 anos , lúns e mércores de 21:00 a 21:45 e martes e xoves de 22:00 a 22:45 , no ximnaxio Impulso .
Ximnasía para maiores , para máis de 55 anos , os martes de xoves de 10:00 a 10:45 e de 11:00 a 11:45 , no centro sociocultural .
Ximnasía rítmica-artística , para maiores de 4 anos , os lúns e mércores de 18:00 a 22.00 , no I.E.S. Xulián magariños .
Tamén teremos outras actividades como Voleibol , Balonmán ( para maiores de 8 anos ) e Deportes de contacto , ainda que para estes está por determinar as datas e os horarios .
PARA MÁIS INFORMACIÓN ASÍ COMO PARA AS INSCRIPCIÓNS DIRIXIRSE Á DELEGACIÓN DE CULTURA E DEPORTES SITA NA RÚA SAN MAURO , 11 . TELEFONO DE CONTACTO 981 885886 , FAX 981 885328 . E-MAIL : culturaedeportes@concellodenegreira.es . TAMÉN PODES CONSULTALA INFORMACIÓN ASÍ COMO DESCARGALA FOLLA DE INSCRIPCIÓN OU OS TRÍPTICOS EN : http://www.concellodenegreira.es/
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario