lunes, 26 de abril de 2010

NEGREIRA VETERANOS 2 - MADERAS RAMOS 4

Xornada negra para o noso equipo pois aparte do resultado negativo, que por esperado non deixa de ser frustrante, coincide coas victorias do USC e do Mirador de Padín que nos deixan novamente na zona de perigo.

E digo frustrante porque deixamos a sensación de que o Maderas gañou sen facer grandes cousas, o que dí ben pouco do noso plantel. Pero o máis preocupante foi a desunión que se palpa no ambiente o que ao final se reflicte sobre o campo. Xogadores que fan a guerra pola súa conta sen contar co grupo, outros que non seguen as directrices do mister, outros que buscan soamente a lucidez persoal, todos eles son datos que demostran que este ano é diferente nun aspecto no que precisamente éramos antaño líderes da categoría. E esa perda da nosa esencia está a minar ao equipo que non atopa a súa identidade. Quizáis gran parte da culpa esté en non saber transmitir á xente nova a filosofía da categoría e particularmente do noso equipo no que prima sobor de todo o grupo en tódalas súas vertentes. Non é aínda o momento de facer balances da temporada. Tempo haberá. Pero sí de facer reflexións de cara a un futuro no que unha gran parte do grupo vai entrando nunha idade na que pouco a pouco irá habendo retiradas e coido que é moi importante pensar en saber transmitir adecuadamente os nosos valores á xente que se vaia incorporando para tentar que siga perdurando o sabor veterano en Negreira.

Polo que respecta ao equipo, nada novo. Neste caso comenzamos inaugurando o marcador a cargo de Capi encaixado polo porteiro visitante que, xulgamos, non era especialista na materia, algo que non desmerece o disparo do bravo lateral. Nembargante, o Maderas chegaría ao descanso xa con vantaxe de 2-1 gracias ao bo traballo de Gelucho que fixo moito dano xogando entre liñas. Todo hai que dicilo, nalgunhas xogadas ao límite do orsai.

Na segunda parte tentamos apretar un pouco pero en dous arreóns logrou o Maderas matar o partido, novamente a través de Gelucho.

Con estes mimbres e tras a victoria do USC ante o Cuntis e do Mirador de Padín diante do Roomel, o Negreira volve novamente a moverse no alambre. Quedan dous partidos que, de gañalos, nos asegurarían a permanencia xa que gañar só un non asegura nada. Chama a atención o resultado do Pepe Noia, un dos poucos equipos aos que superamos con claridade, vencendo a domicilio ante o Dubra que nos goleou a pasada semana. Parece que todo está chamado a resolverse na última xornada onde nos xogaremos a permanencia co Don Budi e o USC terá un partido a vida ou morte co Mirador de Padín.

Por último, facer unha chamada de atención ao partido co Automic Barbanza no que haberá varias baixas. Non debe haber confianzas nin infravalorar ao colista da categoría. Doutro xeito poderíamos vernos abocados a non depender de nós mesmos na última xornada, algo que ten dobre valor do mesmo xeito que na Champións o ten os goles en campo contrario.

AUPA VETERANOS!

5 comentarios :

WEBMASTER dijo...

QUERO AGRADECER UNHA VEZ MÁIS , A APORTACIÓN DO BO DE BASI A ESTA PÁXINA , COA SÚA CRÓNICA DA XORNADA , CITA A CAL ESTA PRESTO SEMPRE E CANDO OUTRAS OBRIGAS PERSOAIS NON LLO IMPIDEN .
ESTA É A SÚA ÚLTIMA CRÓNICA DESTA TEMPADA , XA QUE NON VAI PODER DISPUTAR AS DÚAS ÚLTIMAS XORNADAS DE LIGA .
ESPEREMOS QUE A TEMPADA QUE VEN FAGA AS DA DOBRE VICTORIA ANTE MADERAS RAMOS.

Anónimo dijo...

BASI AUTENTICO CRACK, ESTE SÍ QUE ENCARNA OS AUTENTICOS VALORES DOS VETERANOS, PON O COLLÓN COMA POUCOS, E NUNCA TEN UNHA MALA PALABRA PA NINGUÉN, NON COMA OUTROS QUE SO APORTAN DANDOLLE AO PICO!!!

Anónimo dijo...

Al fin hoxa se pudo ver1equipo de futbol nunha tarde moi desapacible po futbol pero moi animada pq habia aficionados,pero bueno o importante chegou e conseguirono un grupo moi xusto hoxe posto que faltaba xente e coa lesion de alfonso ainda asi conseguiuse a victoria e por goleada6-1e xa digo con moi bo rollo no equipo algun estaba comodo no campo e disfrutando dun partido,a cea é mais que merecida...pasadeo ben que agora xa estamos salvados¡enhoraboa rapaces¡

Anónimo dijo...

Enhoraboa pola cronica de basi posto que alguen se decidiu a decir publicamente o que fai tempo que é moi evidente o mal do equipo en vestuarios,hoxe ata saistes enfadados o campo habia tormenta e logo o maderas fixolles sudar bien a camiseta e anduvo un home so como gelucho que tampouco fixo todo o seu futbol pero marcou os goles que o final foi o que contou,e bueno seguimos sen comunicacion,e os que non piden nada en todo o partido son os que fan o traballo hoxe tocouche a capi que como sempre fiel e leal o seu estilo e o equipo,hay que darlle gracias a dios que alfonso marcara o gol por dentro pero hubo que botarlle un cable senon él so embarullase e perde o control,e quedouse corto o resultado posto que puderon ser mais posto que hoxe a xente que destaca algo mais no equipo xogou por xogar pero sen matalo corpo o cal non se debe criticar nin permitir posto que a xente perda a ilusion no equipo perjudica a todos...

Anónimo dijo...

Creo que mais de un lle vai pedir a direccion a ponte das termas posto que as vai necesitar logo deste partido que foi duro para o que se esforzou por sacalo partido adiante evidentemente ponte vive como dios,e fai ben posto que pa ir quentalo banquillo nada mais vai termas e quentase mais a gusto,eso faino quen pode non quen quere e o fin de que ven de boda e pa un partido so que queda xa pensara algunha excusa...