miércoles, 21 de abril de 2010

NEGREIRA 2 - VAL DO DUBRA 5

De lamentable pode calificarse a actuación do noso equipo o pasado sábado no partido disputado en Cepelo ante o equipo do Val do Dubra. E iso que na primeira parte soupemos sobrepoñernos a un marcador adverso xa que o equipo visitante logrou adiantarse ata un 0-2 nos primeiros vinte minutos de partido. Iso foi posible gracias a un Nando, cal Harri Potter, arrancou a admiración dos xiareiros en dous goles de antoloxía. O primeiro deles dende case a metade do campo que nos sorprendeu a todos (incluso a nós) e o segundo tras unha volea á saída dun saque de esquina que se colou na escadra esquerda da portería.

Con ese 2-2 finalizaría a primeira parte onde cabe destacar a enorme tromba de auga caída sobre o céspede de Cepelo que por veces tornábase impracticable. Pero isto non pode server como excusa do mesmo xeito que ao Barcelona non lle serve a excusa do autobús. Deste xeito afrontamos a segunda parte con enorme ilusión pero ao mesmo tempo asistimos con incredulidade á facilidade atacante do Dubra froito da pouca presión en tódalas liñas. Cada vez con máis frecuencia, o Dubra entraba polas alas e, se era o caso, incluso polo centro para poñer en perigo a meta defendida por Juán. Deste xeito, ata en tres ocasións máis lograron perforar a nosa portería e acadar xa que logo un resultado máis que xusto. E iso recoñecendo que Codesido foi do máis benévolo pois algunha xogada puido acabar con algunha que outra falta franca en contra o cal podería suponer un resultado aínda máis abultado.

Con este panorama saen de novo á palestra os críticos cos métodos de Cobas e cos plantexamentos tácticos. O certo é que o equipo sofre porque non recupera balóns na medular e logo non presiona o suficiente na saída de balón do contrario. Así é fácil imaxinar que a defensa tamén sofre ao non poder frear as acometidas rivais. Debemos lembrar que cando gañamos é froito do traballo de todo equipo ao igual que cando perdemos. Por iso, nin o traballo defensivo é competencia exclusiva da liña defensiva nin o poder atacante se debe residenciar únicamente nos dianteiros. Tamén hai quen lle bota a culpa á diversidade de actividades nas que se ven inmersos os xogadores últimamente (tenis, páddel, bicicleta…). Isto xa parece un equipo olímpico no canto dun equipo de fútbol. Bueno… o certo é que parecemos calquera cousa menos un equipo de fútbol! A responsabilidade aquí parece que se traslada ao Director Deportivo que parece que está a fomentar estas prácticas pouco recomendables para un xogador da división de honor.

Contrasta nembargantes este resultado co acadado unha semana antes en Sar ante o Pepe Noia. Nesta ocasión o equipo sí saíu enchufado e amosouse en todo momento moi superior ao equipo local. De feito, o inusual poder atacante despregado foi pouco aproveitado pois de cumprir mínimamente coas leis da estatística o resultado sería moito máis abultado do que ao final resultou. Isto reflexa unha vez máis a necesidade perentoria dun atacante que garanta un mínimo de goles toda vez que Alijo non está dispoñible nas últimas xornadas e Alfonso parece que non está a cumprir coas expectativas creadas coa súa fichaxe.

O resultado acadado este sábado vese ademáis agravado pola victoria do USC sobre o Boqueixón o que acurta as distancias. É certo que cada vez máis quedan menos partidos e a tan ansiada permanencia está cada vez máis perta pero non debemos confiarnos se non queremos pasar apuros e chegar ao último partido con complicacións.
O próximo partido non se presenta, a priori, proclive para acadar un resultado favorable pois visítanos o Maderas Ramos pero tampouco debemos rendirnos de antemán. Cousas peores se viron.
Por certo, alguén sabe algo de Ponte? As malas lenguas falan novamente dunha cura termal para tentar minguar o mal psicolóxico que o trae de cabeza esta temporada.

14 comentarios :

Anónimo dijo...

Hola ti mesmo o dis,de todo menos un equipo posto que no campo non hay union nas xogada algun berra para que lle pasen o balon e cando o ten nos pes fai o seu partido individual,liase e consigue perdela xogada.

Anónimo dijo...

PONTE O SABADO ESTUVO NO CAMPO DE RECOLLE-PELOTAS..

Anónimo dijo...

Chapó o partido de suso polo general sigue na misma linea de sempre axuda moito o equipo porque é1dos que suda a camiseta polo esforzo que fai pero tamen se enfada porque un por todos non pode xogar.

Anónimo dijo...

Cobas esta semana polas baixas ou pq ve moito futbol televisado,quiso cambiar a alinecion habitual como guardiola ante o madrid,pa sorprender o dubra pero saiulle mal posto que en vez de levar o bolso pos balons vai haber que levalo pos goles..porque a2parte horrible,Alfonso ficharono por non oilo os da directiva pq pouco aporta o equipo quere que lle pasen sempre o balon a él como se por marcar goles deran premio,pois no futbol tamen hay que correr que é bo pa linea non como no tenis pero hay que moverse....

Anónimo dijo...

5puntos:NANDO,4SUSO,3SERGIO,2IVAN,1PACO.

Anónimo dijo...

milos vai haber que darlle os chavales un chupito de tila ou valeriana antes do partido para que non se poñan tan nerviosos e logo se boten o arbitro..xa menos mal que ultimamente ven1que xa conoce ben os elementos"e ten él+paciencia que o santo jo"

Anónimo dijo...

Animo a moreno xa sua nova andadura como entrenador do agron temporalmente que dios che ampare e che dea paciencia con eles,quen sabe o mellor pasa a proba con sobresaliente,e haber se lle vai quitalo puesto a algun no equipo no que él xoga,cousas+raras se viron.
PD:xa eran horas que no agron se fixeran cambios no banquillo...

Anónimo dijo...

SUSO queremoste de mister no AGRON¡

Anónimo dijo...

O que non pode ser é que Ponte ande a recoller ós balóns que saen foron , e que son sacados do mesmo por algúns que nin lle apuntan , mentras estes "torce botas" están a xogar e él na grada . ¿Cántos partidos se perderon con Ponte no campo ? . Ponte capitán , Ponte debe renovar XA!!!!!

Anónimo dijo...

ponte e o+listo de todos porque pa que vai ir sudar na camiseta e matalo corpo vai velo desde fora que é menos cansado,e asi logo non lle botan por cara que ten que ir de curas termales o cal moi ben,pero ojala volva pronto xogar porque aportara paz o equipo...

Anónimo dijo...

no os metais con alfonso (alias bcrro22) pq el pobre bastante merito tiene con no caer desfallecido con semejante humanidad que tiene el hombre (aunque los kilos no le impiden darle el pico tanto o más, que le vamos a hacer,es el ojito derecho del mister). esperemos que el próximo año recupere la forma y nos de grandes alegrías, como años atras

ponte dijo...

querido basi, sigo lesionado en el dedo del pie derecho (pie que habitualmente utilizo para mostrar mi calidad) y no llego para el partido de maderas ramos, esperemos que sí llegue para el boiro y don budi. por otro lado raquel entro en la página de veteranos y al mencionarlo tú se le acordaron las termas y hala,ya estoy jodido,arrancando para la chavasqueira hoy a la tarde (que dice ella que es por mi pie que me viene muy bien, manda carallo).
PD:Zarco, prepara el money que te paso la factura.

Anónimo dijo...

Ti non te apures amigo ponte e sigue facendo caso do que che di raquel,que bastante mellor che vai a ir,ademais para o que che pagan nos veteranos...saes gañando nas termas en todos os sentidos xa que hay cousas que o futbol non che pode dar ja,ja...

Anónimo dijo...

Dixeronme que se comis moi ben(e como no equipo de eso entendemos ben todos)no D'Antaño teremos que ir por ali proximamente facer unha degustacion