lunes, 14 de diciembre de 2009

Maderas Ramos 3 - 0 Veteranos Negreira


Partido sen demasiada historia. Como ben dixo o Mr. antes de empezar, este partido non era da nosa liga pero aínda así saímos a tentar poñerlle as cousas difíciles ao Maderas.

Eles, por un lado e como sempre, co equipo case ao completo e ,por outro como novidade, con xente nova.

O marcador final resulta un tanto enganoso por canto na metade da segunda parte e co marcador 1-0 a defensa local comete penalti sobre Paco nunha clásica internada pola banda dereita. Esta vez Alijo non foi quen de metela e, a partir dahí caemos en picado.


Ata ese momento mantivemos o tipo aínda que o equipo local tivo un par de ocasións moi claras que non soupo materializar. Tamén Santi tivo unha clarísima ocasión na que se plantou só diante do porteiro pero esta vez non soupo metela.

O partido decantouse pola superioridade do Maderas Ramos na medular e pola nefasta actuación do árbitro que non nos axudou nada xa que os dous primeiros goles foron materializados en sendos foras de xogo que todo mundo víu menos él. No primeiro deles Checha estaba saíndo da nosa área cando recibíu o balón e no segundo Victor estaba esperando a menos de medio metro da liña de gol sen ningún defensa noso cerca del.

Logo do partido tivemos cea no novo e flamanto comedor do Arranca en Ordoeste. Esta vez a xente portouse ben e non houbo excesos co coñac, a bebida oficial dos Veteranos.

Antes do parón estival o vindeiro sábado visitaremos a cancha do Automi Barbanza en Boiro onde deberemos saír cos tres puntos se non queremos vernos relegados perigosamente aos postos de descenso.

1 comentario :

Anónimo dijo...

E boa verda,que pa comer todo mundo se apunta posto que cerca de 50persoas a mesa xa lle chega!podian demostrar o apoyo o equipo indo ver algun partido porque brillan pola sua ausencia,os ultimos meses non invitaban moito a achegarse a cepelo pero bueno nesta vida todo require1esforzo asi que todos eses animadevos a velos en directo que o espectaculo vale moito a pena,o maderas ramos seguro que celebrou a sua cea moi contentos logo de pegarvos un bo repaso,non era imposible,pero gañerlle facil tampouco o equipo sufriu faltas nos ultimos partidos notables e inxustas posto que o de nando foi exaserado3partidos,ainda asi o equipo saiu adiante pero a clase dos bos notase cando non estan,a cea estaba e menos mal q non xogades os domingos posto que+de1veterano chegaria para recoller os vestuarios....a papa noel pediremoslle que traia algunha vitoria+porque como sempre este ano vainos tocar sufrir asi que facede despois de reis unha sesion de lavado de festas e non vos durmades nos laureles....!!!!!