lunes, 7 de diciembre de 2009

DUBRA 3 - NEGREIRA 3


Este sábado tivemos unha boa oportunidade no Val do Dubra para recuperar a senda das victorias que últimamente se nos está a negar, pero ao final non puido ser. E iso a pesar de que o equipo remontou un partido que, como ven sendo habitual nos últimos partidos, perdíamos 2-0 aos vinte minutos (cuestión que debería ser analizada polo estudioso da estatística).

A climatoloxía foi un adversario máis xunto ao Dubra que conta cun equipo con xogadores novos e boa forma física. Na primeira parte e co vento a favor, o equipo local fixo moita presión sobre todo na primeira hora de partido. Froito desta presión foron dous goles de cabeza en xogadas a balón parado. Nós non éramos quen de sacar o balón aínda que pouco a pouco empezamos a estirarnos. Paco sufreu a baixa de Nando que é quén mais lle surte de balóns pero aínda así levou gran perigo en dúas subidas pola banda dereita.

Se hai algún xogador que destacou sobre o resto éste foi Santi. Colaborou activamente no espoleo inicial do equipo ao marcar o primeiro gol. Logo, na segunda parte acadou o empate nun córner botada por Moreno, inquedou sempre á defensa local e deu a cara cando o partido se tornou bronco.

Outro xogador que tamén destapou o tarro das esencias foi Moreno que, de xeito inesperado, cargou sobre as súas espaldas o ataque do equipo e levou o perigo con centros medidos que sempre atoparon destinatario. Deste xeito chegaría o terceiro gol a cargo deste cronista logo dun gran córner botado polo novo especialista nestas lides.

Co marcador a favor e co control do xogo o Dubra veuxe abaixo pero nón non éramos quen de construir xogo pois se na primeira parte o hándicap foi o vento nesta segunda foi a chuvia. Chuvia que fixo que certas zonas do campo fosen impracticables, sobre todo nas bandas. Nembargantes o Dubra deu un último arreón nos últimos quince minutos e conseguíu un empate nun despiste defensivo que á postre tórnase como xusto logo do visto no terreo de xogo.

É merecido destacar o pundonor do equipo que nunca lle perdeu a cara ao partido e iso que no último cuarto de hora púxose un pouco bravo.

O vindeiro sábado temos a ceniña de nadal que agardemos que sirva para festexar a victoria sobre o Maderas Ramos que chegará como colider.

1 comentario :

el nº 12 dijo...

partido para hombres sin duda, contra un equipo fuerte, trabado y con gente de calidad no exenta de agresividad. hay que destacar a todo el equipo que a pesar del marcador en contra peleó lo indecible y particularmente a santi y al señor cronista que aparte de marcar el gol dejó el segundo en bandeja a santi ( por no hablar de unos cuantos recado a los delanteros contrarios )grande basi!!!