domingo, 20 de diciembre de 2009

Automic Barbanza 0 - 1 Veteranos Negreira


Partido disputado no campo de Vista Alegre en Boiro nunhas condicións ben pouco favorables para a práctica do fútbol. Á pouca luz que daban as torretas ( o partido xogouse ás seis da tarde ) hai que sumar a baixa temperatura reinante que deixou a máis dun un pouco xeado.

Pero non tan xeados como quedaron os locais cando Santi a falta de cinco minutos para o final, unha vez máis, decidíu o partido tras un pase maxistral de Suso dende cincuenta metros. Entre o defensa e o porteiro non souperon atallar o balón e o bravo mediocentro acertou e meter a pata (esto último faino moitas veces) e o esférico acabo nas mallas.

Dende logo, tra-los noventa minutos o resultado final tornouse un pouco corto tendo en conta as ocasións falladas polos nosos atacantes. Ata sete ocasións claras de gol se sucederon na portería contraria. Que me lembre, na primeira parte, puideron iniciar o marcador Suso, Bilardo, Paco, Alijo, Moreno, Nando, todos eles en ocasións francas.

Claro que eles tamén tiveron as súas pero ahí estivo sempre Juán que cuaxou un gran partido. E iso que aínda segue algo tocado! Este ano temos a garantía de dous bos que son todo un seguro de vida.

Temos que dar tamén a benvida a Javier, nova fichaxe da directiva no mercado de inverno, que seguro aportará moitas cousas positivas ao grupo. Ten un importante bagaxe tras del en diversos equipos, sobre todo no Urdilde on de tiven a fortuna de coincidir con él varios anos e máis tarde, xa época veterana, no Barqueiro.

Tra-la victoria o Mr deu permiso á plantilla ata o vindeiro nove de xaneiro que será cando se reinicie a liga, no noso caso ante o Don Budi en Bertamiráns. O certo é que algúns agardaban unha palmadiña na espalda …. algo así como un fin de semana pagado nun balneario pero parece que logo do desembolso económico feito pola directiva con ocasión da última fichaxe deixaron as arcas tremendo.

Así pois tende sentidiño co coche neste nadal e vémonos tra-la volta de vacacións.

Por certo, (esto para os xogadores) revisade o correo electrónico pois recibiredes unha táboa de exercicios físicos personalizado, xentileza do Mr para non perder a forma nestas festas. Así que antes de levar un cacho de turrón á boca sabedes que tendes que facer cen abdominais. Á volta do nadal todos coa tableta, como Ronaldo! Eu por se acaso xa vou ir a Hipercor e vou comprar a miña. Eu son máis de Lindt que de Nestlé pero dame igual unha que outra.

Boas festas!

1 comentario :

Anónimo dijo...

Foi un bo remate de ano con unha victoria esperamos que sigamos nesa linea para o proximo partido o 1ºdo 2010,e haber se estamos todos q algun esta pendente de convertirse en papa o cal é moi bo posto que ainda que sea unha nena aumentara a familia dos veteranos.agora a desconectar e celebrar todo o que na temporada non bos deixa o medico do club pero con sentidiño que a volta temos q estar todos para dalo todo no campo.BOAS FESTAS A TODOS OS MEMBROS DESA FAMILIA VETERANA