jueves, 12 de noviembre de 2009

VETERANOS NA POPULAR DE NEGREIRA


Imaxe na saída da proba , xentileza de VAL DE BARCALA

O pasado Domingo celebrouse a edición nº30 da carreira popular de Negreira , o noso equipo , que naceu un par de anos antes que esta prestixiosa proba, quiso estar presente en tan magno acontecemento , para elo mandou unha representación paritaria de xogadores e peñistas.
Por parte dos primeiros , foron os elexidos Suso e Santi , e polos peñistas Juanin e Alfonso . Ademais como xa é costume ano trás ano , tamén colaborouse por parte de outros membros da nosa asociación , coa organización da proba .

No extrictamente deportivo , destacar que a pesar do esforzo do encontro do sábado , os nosos xogadores estiveron á altura das circunstancias .
Suso chegou no posto 351 cun tempo de 46:40 , mentrás que Santi foi 443 realizando o percorrido en 50:01 . Juanín tamén fixo unha meritoria carreira , mentrás que Alfonso chegou o 534 cun tempo de 1:01:16 , as malas linguas din que tivo que facer algunha paradiña extratéxica nos bares que se atopan no percorrido da cita deportiva .
O certo é que hai rumores de que este espartano xogador volte á disciplina do equipo en datas próximas , logo dun pequeno receso por mor da súa recente boda , agora ben o seu estado de forma parece á vista do acontecido o Domingo estar lonxe de ser o ideal .

A Directiva está a pensar en incentivar de algún xeito á plantilla , para aumentar a participación na XXXI edición da proba por parte dos nosos membros . Xa se fala da "comida da carreira popular" ,  a que poderan asistir todos aqueles xogadores e peñistas que tomen a saida o próximo ano .
E falando de comidas o sábado celebrarase , o terceiro encontro culinario da tempada , logo da "cuchipanda Románica" , e da "churrascada do teleclub" , agora trátase dunha "polada" en Corneira , cita está previa á "Gran cea de Nadal" , onde compartiremos mesa con todos os nosos peñistas . A falta de confirmación oficial esta será o día 12 de Nadal , inaugurando así o novo comedor de " O Arranca ".

No hay comentarios :