domingo, 6 de septiembre de 2009

ENCONTRO DE PRETEMPADA

Encontro típico de pretemporada , nótese a inactividade da maioría durante a época estival . Caras novas , algunhas das cales xa apuntan maneiras dentro e fora do campo , esto último do máis importante en veteranos .
As altas de Manolo , Mario , Iván e Oscar , son de momento as únicas que hai , pero manifestacións a esta redacción do adestrador e o director xeral , deixan ben ás claras que a plantilla non está pechada , e esperanse incorporacións en postos claves do equipo .
No apartado de baixas , o incombustible Soto parece que esta vez definitivamente aparca a práctica deste deporte , pero seguiremos insistindo na súa reincorporación .
En canto ó encontro de onte propiamente dito , destacar a presencia dos mencionados fichaxes , que teñen ainda falta de aclopamento ó equipo , pero que a vontade de tódos eles e integrarse o antes posible . Non nós metemos no partido ata quince minutos do pitido inicial , o que nós costou un tempraneiro gol , fruto dun balón longo que colleu as costas dos nosos centrais e ante a saída desaxustada do Chipirón , o tanto subía ó marcador .
Logo de asentarnos no campo chegou algo de fluidez ó noso xogo e fruto de elo as oportunidades , e como non podía ser de outra maneira os dous goles , o segundo por certo de bela factura cun centro preciso de Victor e gol dun dos novos fichases Mario . Precisamente o autor do centro neste gol reaparecia trala longa baixa sufrida a tempada pasada , e lamentablemente caía novamente lesionado esta vez no seu xeonllo .
Logo do encontro o equipo trasladouse a feira medieval onde calmou a súa sede debida ó esforzo e a calor do día , acampoñandose dunhas boas racións de empanada e tortillas , e onde se viron arroupados en todo momento por varios peñistas , algún de novo cuño .
Parece que se presenta unha tempada moi interesante en tódolos aspectos .

2 comentarios :

Cronista dijo...

Alguén pode informarme sobre o estado físico das novas fichaxes. Hai rumores de que algúns dos postos das vacas sagradas están no alambre.....

Anónimo dijo...

Perdon por colocar aqui este comentario, e que non vexo o enlace de contacto. So comunicarvos que o Rosalia xa temos blog dende maio, pola miña parte xa coloquei o voso enlace no noso blog, asi que si queredes podedes colocar o noso aqui, un saúdo e sorte.

rosaliafv.blogspot.es