miércoles, 1 de abril de 2009

VETERANOS NO TENIS

Como xa apuntabamos antes do comenzo da liga de tenis , os veteranos teríamos unha nutrida representación na mesma , e tralas moitas solicitudes , nos vemos na abriga moral de apoiar ós nosos asociados dende aquí , dando un seguimento cada certo tempo ó devenir das súas actuacións .
En canto á 1ª División temos a un incomensurable Santi que está a contar os seus encontros por victorias dúas de dúas , ocupando a cuarta posición . Roberto Quintáns e Juan "Francés" son a cruz desta primeira división o atoparse nos postos 9º e 10ºrespectivamente con dúas derrotas cada un. Destacar a pobre actuación de Alvaro Lira que nos deixou o ano pasado ó parecer centrarse na práctica deste deporte , pero vemos que esto tampouco é o seu , ¿quizás ó chinchi monis? , de momento último con tres derrotas .
Na segunda é onde temos depositadas grandes esperanzas no ascenso de categoría de Cobas , marcha segundo con tres victorias sobre tres posibles , Roberto"Xanín" tamén está a facer unha actuación meritoría e está terceiro cos mesmos rexistros que Cobas . Temos que baixar ata a posición nº7 para atopar a Javier Ferreiro o cal con unha victoría e unha derrota está de momento defraudando a súa afición xa que as declaracións que fixo , e está a facer ,dan unhas esperanzas á mesma , que de momento non se están a ver correspondidas co xogo desenrrolado por él , esperemos que mellore se quere seguir sendo subvencionado polo equipo dos veteranos para competir na liga de tenis . Xa para rematar temos a Carballo 10º na xeral cunha derrota no partido que xogou ata o momento .
Seguiremos informando en próximas entregas .

3 comentarios :

EL VICE dijo...

el vice.queremos fotos,e entrevistas semanales.

santabaia dijo...

Un premio xa o merecedes, polo feito de ter un numero de representantes tan amplio.
Forza.

Anónimo dijo...

Son fan de Javier e Carballo
Gustaríame saber onde podo conseguir entradas para asistir aos partidos e de paso coñecer un pouco aos xogador