jueves, 9 de abril de 2009

OS XUVENÍS CAMPIÓNS

Se fai unhas semáns felicitabamos ós prebenxamíns das escolas deportivas de fútbol sala polo campionato acadado , hoxe temos que facelo con un dos equipos do A.D.N.
Dende aquí dar a noraboa ós rapaces que dirixe Ruso , xa que a falta de cinco xornadas (catro para o seu equipo), ven de proclamarse matemáticamente campión no seu grupo de xuvenis.A diferencia de 16 puntos co segundo clasificado , outorgan ós xuvenis unha ventaxe xa insalvable para os seus inmediatos seguidores .
Nas 24 xornadas que disputou ata o momento acadou 19 victorias e tres empates cedendo tan so dúas derrotas , é o segundo máximo realizador con 83 goles e o terceiro menos goleado con 29 .
Os veteranos seguiremos de cerca a traxectoria deste adestrador , de aquí en diante , xa que un sector do equipo está a cuestionar os métodos do actual "mister"

1 comentario :

valdebarcala dijo...

Noraboa os campións.
A verdade e que Barcala sempre foi forte nas categorias inferiores( alevins, benxamins infantis, cadetes e xuvenis ).
Que dure moitos anos.