martes, 3 de marzo de 2009

ZONA BASI

Veteranos Negreira 3-3 Hamburguesería Verde
Partido complicado de entender o disputado fronte a Hamburguesería Verde na eliminatoria de copa no municipal de Cepelo. O público asistente ao encontro incluso me atrevería a dicir que foi bastante benévolo a xulgar polo patético espectáculo que lle brindou o seu equipo.
Non existen rexistros para poder contrastar pero podemos dicir sen temor a enganarnos que na primeira parte a posesión foi (+-) dun 85 -15 a prol do Negreira. Debemos recoñecer que a priori, o partido se presentaba cómodo. Visitaba Cepelo un equipo que se atopa na duodécima posición da segunda categoría de Veteranos e, aínda que nós tampouco estamos para tirar foguetes, o certo é que tras a primeira parte se vislumbraba unha enorme diferencia entre as dúas escuadras. Tras os primeiros corenta e cinco minutos, vantaxe de dous goles a cero, varias ocasións falladas (coma sempre por outra parte) e o Chipirón sen tocar balón na portería.
No obstante xa alguén advirtíu que esto non pintaba. Había pouca intensidade nos xogadores, non se presionaba, seguían a fallarse ocasións e os cambios no banquillo sucedíanse, quizáis pensando que o partido estaba suficientemente encarrilado, co obxecto de dar minutos a xente que non xoga de xeito habitual. Craso erro! Ninguén podía sequera adivinar a que se viña encima. O H. Verde empezou a verlle as orellas ao lobo, e veu que de lobo non había nada! Isto era un cordeiriño por máis que estivéramos en época de entroido e quixeramos saír disfrazados do que non éramos. Todo empezou con pérdidas de balón atrás e na medular e entón o equipo contrario decatouse de que se presionaba algo lograba roubar o balón. Incluso comprobou, con fortuna para eles, que se corrían podían chegar á nosa área. E unha vez alí, déronse conta que se tiraban a portería incluso entraba dentro. Así chegou o primeiro gol nunha xogada desafortunada de toda a defensa e parte da media na que un fulano colleu o balón no medio do campo e cal Ronaldo nos seus mellores tempos botou o balón a correr e ao ver que ninguén saía a por él plantouse diante de Berdullas e cruzoulle o balón por baixo na saída.
A partir daquí empezou a cambiar a historia do partido. O H. Verde veuxe arriba e nós empezamos a facer as de vaqueros (temos xa un amplio historial de jaimitadas): balóns perdidos, pouca presión, nerviosismo co balón nos nosos pés e queixo de gruyere atrás. O segundo gol non tardou moito en chegar. Nunha xogada que sacou mal Berdullas, roubo do dianteiro e balón nas mallas.
Chegados a este punto, ninguén dubidaba de que o H. Verde empataría e logrouno nunha xogada na que se producíu un malentendido entre Julián e Pitu que desembocou co balón nas portería de Berdullas unha vez máis.
Tentámolo nos últimos dez minutos pero coido que incluso foi ben que rematara así pois teño a impresión de que, de durar máis tempo, incluso teríannos caído algún máis.
Logo nos penaltis, fallo de Nando (o que ninguén esperaba) e para a casiña. Nunca haberá que quite lecturas positivas da eliminación da copa: que si nos podemos adicar plenamente á liga, que se van evitar lesións pola acumulación de partidos, … pero o certo é que o espectáculo presenciado polos afeccionados foi indicativo da traxectoria que estamos durante toda a temporada.
Agardemos que efectivamente nos sirva esta derrota para apretar un pouco os dentes e no próximo partido fronte ao Xallas retomemos a senda da victoria. Mellor para nós se non queremos deixalo todo para un milagro no último partido.

1 comentario :

Anónimo dijo...

O barco afundese e o Director Xeral non fai nada , de feito xa quiso abandoar o barco o sábado pasado . Estes mafiosos o final son os primeiros en darse a fuga . Eleccións xa , dimisións na directiva dunha vez , mirade o que pasou na Xunta , vaivos pasar o vós tamén por non dirixila nave con brazo firme .
P.V.N.S.D.H. (Plataforma Veteranos Negreira sempre en División de Honor)