martes, 6 de mayo de 2008

O Veteranos Negreira, derrotado esta fin de semana no campo do Conxo fronte ao Peña Navegante, está máis que nunca ansioso polo remate desta temporada. A cara boa desta situación é a cantidade de amigos que está a facer no grupo da división de honor da Agrupación de Veteranos de Santiago. Se o pasado xoves fora o Barqueiro o beneficiado polo pouco reprís dos nicrarienses, o sábado o Peña Navegante arriou cos tres puntos logo dun encontro xogado a medio gas polo Negreira e que deixou a sensación de que, a pouco que forzara un pouco a máquina, podería ter deixado un marcador folgado ao seu favor.
Porque hai que dicir que a pesares das baixas (xustificadas ou non) e da pouca desgana coa que saímos ao campo, deixamos unha moi boa sensación ata o punto de chegar a facer un dos mellores encontros da temporada.
O primeiro tempo rematou cun empate a cero goles pero con dominio visitante que tivo ata tres ocasións claras de adiantarse no marcador.
Tras o descanso, unha “jaimitada” de Moreno puxo en vantaxe ao Peña Navegante. No seu descargo hai que dicir que tivo que cubrir o oco de Berdullas e de Gallego, un posto que semellou non ser moito do seu agrado a xulgar polo desempeño co que o desenvolveu.
O segundo gol local chegou tras unha xogada na que se puxo de manifesto a desidia da defensa á hora de marcar aos dianteiros rivais. Está claro que tras a caída en barrena nas nosas aspiracións, cundíu no equipo unha baixada de moral.
Aínda así, e co marcador en contra, o Negreira seguíu xogando o balón con criterio, sacando o esférico xogado dende atrás, e chegando con perigo á área rival.
Froito do avance visitante chegou o gol de Nando nunha grande xogada persoal. Logo viría outro gol do Peña Navegante á contra e finalmente a reducción das distancias con outro gol de Víctor.
Entre medias varias ocasións perdidas nas que se puido deixar o partido sentenciado ao noso favor.
Bo partido de Carballo que se amosou cunha forma física envidiable e tamén de Juan Outeiro que sempre (ou case) tentou xogar o balón con criterio ante a presión rival.
Dous partidos quedan para o remate da temporada, o vindeiro fronte ao Lalín e finalmente visitaremos o campo de Calo para enfrentarnos ao Asador Alambique. Nas nosas ansias está rematar a temporada con dignidade e para elo sería conveniente contar cos maiores efectivos.
Por certo, quería transmitir certo malestar nalgunhas faccións do vestiario coa dirección técnica en relación coa escasa firmeza amosada ante as diversas baixas acaídas nos derradeiros partidos. Agardemos acontecementos. É importante que todos teñan os móbiles dispoñibles porque en calquera momento poden verse implicados na revolta que parece se vai producir na plantilla.

2 comentarios :

Anónimo dijo...

As boas costumes implantadas o ano pasado , fixeron que as cousas comenzasen a funcionar medianamente ben despois duns anos case que mellor non recordar , cando iamos 8 ou 9 a xogar por falta de compromiso da xente . O que non pode ser que voltemos aquelo , o que non poda ir debeo comunicar a quen o ten que facer antes do sábado e así poder avisar a outra xente que o mellor poidera ir no caso de vernos escasos de efectivos . Unha chamada ou mensaxe pouco costa , e menos aínda cos sueldos que está a pagar esta directiva .

Anónimo dijo...

A falta de 2 xornadas xa hai 2 equipos descendidos J.Sampedro e Caneda a pesar dos puntos que gañaron contra nos (8 en total).Con estes puntos e a pesar do que está a acontecer últimamente estaríamos a 1 punto do subcampionato e a catro do lider . Se se quere aspirar a algo grande non se poden deixar escapar estes puntos .