domingo, 9 de diciembre de 2007

ZONA BASI


Veteranos Negreira 2 – 3 Deportes Caneda
Crisis? What Crisis?
Definitivamente estamos instalados nun bache. Non pode ser que antes foramos tan bós e agora tan malos. O Caneda parece disposto a complicarlle a vida aos de arriba mentras que coleguea cos de abaixo.
Curioso o dato dos goles encaixados neste partido: tantos como os recibidos ata o de agora en toda a liga!

As razóns do mal xogo no que nos estamos inmersos non hai que buscalas no obstante na liña defensiva. Pode ter a súa parte de culpa pero non toda. Nos últimos encontros o equipo perdeu ese espíritu e esa confianza coa que encaraba os partidos. Outro dato interesante parece ser o aparente cambio de estratexia. Ata o de agora tentabamos xogar o balón e non nos foi tan mal. Agora dedicámonos aos pelotazos e non parece que sexa o noso.
O sábado contra o Deportes Caneda o equipo non soupo controlar en ningún momento a liña medular e deste xeito o balón pasaba dunha defensa á outra sen solución de continuidade. Desta maneira o esférico non chegaba con claridade aos dianteiros e dahí a falta de oportunidades claras. Con todo, Paco na banda dereita foi o único que visualizou as ocasións e marcou dous goles que mantiveron a incertidume ata o final. Pero novamente o Caneda nun contragolpe matou o partido nunha vaselina dende lonxe. O penalti fallado no último minuto tan só foi unha anécdota pois este sábado non merecemos gañar o partido en ningún momento. Agardemos que o vindeiro sábado, xa en Cepelo, o equipo remonte o voo e consiga manter esa primeira praza na clasificación antes do parón vacacional.
Esta semana houbo certo malestar pois algúns xogadores manifestaron as súas queixas polas críticas ante o mal partido xogado contra o Maderas Ramos. Sen pretender emendar nada, consideramos que o xogo do equipo nas últimas xornadas decaeu notablemente e sería desexable unha terapia de grupo para recuperar o espíritu de equipo que tan bos resultados deu antaño.
Como último detalle é de destacar tamén as viaxes de algúns xogadores nos últimos días que afectaron ao rendemento físico. Estas cousas afectan ao grupo e o corpo técnico debería tomar cartas no asunto.

1 comentario :

Anónimo dijo...

Hola amigos;

Antes de nada pedir disculpas os meus lectores por non publicar a sema pasada a SEMANA DE CHITO,pero por problemas laborales non puiden ir ver o partido.Este sabado tamén tiven un problema e non me puiden acercar a agrón xa que tiña festa na casa dos meus avos(ou iba a festa ou deseredabanme).Por este motivo tamén non vai haber SEMANA DE CHITO.

De toas formas dende aqui quero mandar os meus animos a toda a familia dos veteranos pa poder sair desta situación tan comprometida na que nos metemos.Xa que nestes momentos temos que (en vez de enfadarnos ou criticar a uns e a outros que seriá o mais facil) manternos mais unidos que nunca e cerrar filas en torno o equipo.

Ademais creo que temos que recuperar a humildade dos primeiros partidos xa que estar de lideres varias xornadas puxonos nunha nube que nos fixo moito daño xa que pensabamos que iamos gañar a ligar na primeira vola. Pero tampouco podemos poñernos alarmistas xa que calquera de nos firmaria esta posicion(ainda seguimos de lideres en solitario)antes de empezar a liga.

Por eso so temos que entender estes dous partidos como un aviso e recupera o espiritu competitivo e volver a pelear cada balón como se neso se nos fose a vida en eso xa que senon calquera equipo podenos gañar pois non somos uns fenomenos e ademais esta liga e moi igualada e pa gañar os partidos non se gañan só ca camiseta.

Definitivamente,so decirvos que pronto volvera a SEMA DE CHITO,e tamén dicirvos AUPA VETERANOS,MOITO ANIMO QUE A AFICION SIGUE A ESTAR CON VOS E NUNCA VOS DARA A ESPALDA.


YOU NEVER WALK ALONE VETERANOS