domingo, 21 de octubre de 2007

ZONA BASI

Partido disputado este sábado no campo do Valiño frente ó C. D. Juan Sampedro con ganas por ambos conxuntos pero con pouco acerto.
O sol baixo que facía en Cabo de Cruz convirtiuse nun contrario máis e foi determinante para o resultado final (0-0).

Na primeira parte arrancou o Negreira con ganas e co sol a favor facendo un futbol de calidade certamente inferior en relación aos últimos partidos. Notouse en demasía a ausencia de Nando organizando a medular.
Con todo, houbo varias ocasións que puideron ser determinantes para o resultado final. Por un lado unha man clara na área do San Pedro que non foi asubiada polo colexiado. O trencilla tampouco tivo agallas de ver unha falta moi clara nun salto na área pequena que acabou con Victor mordendo a herba. Pitu tivo tamén unha ocasión importante nunha falta ao borde da área que saíu a rentes do pao dereito da portería defendida por Abal.
Os cambios restáronlle dinamismo ao Negreira e na segunda parte o partido tornouse máis bronco con algunha entrada de certa dureza que o árbitro non soupo atallar debidamente. O Sampedro aproveitouse da debilidade do Negreira na segunda metade e achegouse con certo perigo que, afortunadamente, non lograron materializar.
No obstante, os xogadores de ambos bandos entenderon que o partido fora xogado con virilidade e nobleza e así o demostraron despedíndose ata o partido de volta amigablemente.
Ningún xogador é merecedor esta semana de estar entre os destacados da xornada e tan solo desexar que Suso se recupere rápidamente dunha probable rotura de fibras sufrida na primeira metade.
É tamén noticiable que o Mister, Antenas, non acudira ao partido novamente. Nalgúns mentideiros xa se está a rumorear que quizáis sexa o sacrificado do “cambio tranquilo” que está a acontecer no equipo. Esperemos que a modernización do clube non supoña prescindir dun activo tan importante e dende logo coido que é significativo que no blog oficial non haxa ningunha nova ao respecto. Agardamos que esta cuestión quede zanxada no próximo encontro que xa se disputará no novo campo de céspede artificial de Cepelo. Este campo que foi testemuña de xestas memorables de xeneracións de xogadores de Negreira será reinaugurado e esperemos que a adaptación á nova superficie sexa o máis rápida posible. De seguro que algún botará de menos o campo de Agrón onde se tapaban as carencias con máis facilidade.
Próximo partido contra o River Silleda e despois pola noite cea no Arranca de Ordoeste.

2 comentarios :

Anónimo dijo...

¿Qué pasou non era circuito Ferrari ou ,é que xa se está acabando o credito na tarxeta? . Vaites vaites .

Anónimo dijo...

la semana de chito:

Me gusta:

Aunque se podía haber traído los tres puntos tb se tiene que estar contento por el punto quitado en un campo tan dificil y en el que no muchos equipos pescaran puntos

No me gusta:

En este apartado esta semana publico dos cositas

-La lesión fortuita de Suso.Una gran baja tanto para los veteranos como para el Agrón tanto por sus dotes y hazañas futbolisticas como también por su carisma y veteranía en el terrenos de juego.Desde aquí le mando un gran abrazo.

-el comportamiento de los árbitros que en estas primeras jornadas no están acertando en muchas decisiones a favor del negreira