lunes, 1 de octubre de 2007

ZONA BASI

Un ano máis botou a andar a liga de Veteranos na súa categoría de División Honor na que tódalas plantillas teñen postas moitas esperanzas. Claro que unha cousa son as ilusións e outra moi distinta é a realidade a pé de campo.

Parece que este ano o noso equipo non parece estar disposto a vivir de ilusións e sí de bos resultados vestidos con rachas de fútbol preciosista. Este sábado visitaba o campo de Agrón o Rosalía, equipo sempre competitivo pero tamén falto dese plus de calidade para estar arriba na clasificación. O Negreira deste ano sí parece feito con mimbres de calidade que, de ir acompañados dunha boa dirección técnica, pode estar arriba loitando cos mellores. Os reforzos son solventes e as baixas acertadas. Aínda que é pronto para facer análises, este ano estanse a corrixir os defectos de tempadas anteriores e parece que a xente atópase comprometida cos valores do equipo: sofrimento, disciplina, compañerismo (non confundir con amiguismo), solidariedade.
Aínda tendo en conta que as baixas do sábado eran de certa relevancia (Suso, Nando, Zarco, Paco, Carballo…) o equipo soupo atopar a súa identidade e resolveu con solvencia o encontro no que cómpre salientar a actuación de Cobas cun hat trik.
Na primeira o Negreira chegou varias veces con certa claridade pero unhas veces o porteiro visitante e outras o árbitro apreciando foras de xogo bastante rigorosos privaron ó cadro local dun marcador máis amplo ca o 1-0 ao que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o equipo local tomou o control da liña medular que xunto cun físico superior abondaron para remata-lo partido. De seguir nesta liña, o dianteiro Cobas vai ser un serio candidato ao trofeo de máximo goleador facendo calar varias bocas discrepantes na tempada anterior sobre o seu rendimento. Dende este blog temos que dicir que nunca dudamos da súa calidade e que dende un principio estabamos convencidos de que a súa achega sería fundamental.
A afección quedou sen ve-lo debút na casa da nova fichaxe Paco que causou grande sensación no primeiro partido en Ons pero puido disfrutar do rendemento de Couso, outro grande que este ano decidiu aceptar a oferta do Negreira a pesares de ter ofrecementos de outros equipos. Outros destacados foron tamén Pitu no centro da defensa, Soto que está a vivir unha segunda (ou terceira?) xuventude así como Santi que estivo moi activo e certamente comedido na súa faceta defensiva.
Logo do partido, o equipo disfrutou dunha merecida cea no teleclube de Logrosa no que puideron degustar o famoso churrasco de Antenas e da rosca de Ríos. A afluencia a estes eventos reforza a unión do equipo e tamén neste eido parece que tanto os xogadores coma os asociados están comprometidos.

2 comentarios :

Anónimo dijo...

Santi ¿POR QUÉ? NON o VEXO

Anónimo dijo...

CHITO NON HAI PROBLEMA COMENTA O QUE QUEIRAS