lunes, 23 de abril de 2007

ZONA BASI

Tarde soleada a do sábado, campo en inmellorables condicións para a práctica do fútbol, un rival ó que se lle tiñan especiais gañas e as perspectivas de asegurar a permanencia na categoría. Todos eles ingredientes suficientes para motivar a calquera xogador.
E así o entendeu o Negreira que desplegou un fútbol vistoso na primeira parte, por veces incluso preciosista. O Restaurante Rivadavia mostrouse bastante amedrentado nestes primeiros corenta e cinco minutos e os xogadores locais así o percibiron e volcáronse sobre a portería defendida por Berdullas. Un grande pase en profundidade de Pitu sobre Cobas provocou o penalti que materializaría Suso dando o 1-0 para o Negreira.A segunda parte foi algo ben distinto. A xogada clave foi a expulsión
de Carballo ós 10 minutos o que fixo que o Negreira se replegase. Isto unido á incorporación de Guerra ó ataque xunto con Gelucho incrementou o traballo dos defensas do Negreira.O Rivadavia empatou con xogada a balón parado de falta directa que Gallego non soupo atallar.Con este panorama, o Negreira daba por bó o empate pero o Rivadavia non se conformaba e vislumbraba a victoria polo que seguíu volcado
sobre a portería de Gallego e nunha xogada persoal de Gelucho, conseguíu o 1-2.Cando parecía que o peixe estaba todo vendido e logo da expulsión de Suso por doble cartón amarelo, chegou o empate do Negreira nunha xogada tamén a balón parado con remate de Julián.A sensación foi de empate con sabor a victoria e deste xeito, a falta de dúas xornadas para o fin da tempada, o Negreira sitúase na metade da táboa (sétima posición) cuns números cando menos curiosos: leva xogados 24 partidos que se reparten a partes iguales entre victorias, empates e derrotas, é o sétimo equipo menos goleado e tamén o sétimo equipo máis goleador. Dende logo, un equipo... centrado!

No hay comentarios :