martes, 17 de marzo de 2009

ZONA BASI


Veteranos Negreira 4-1 Peña Navegante

De Chorreos e Pescadores
Todos aqueles que non viron o partido do sábado ben puideran pensar que o que se veu o sábado foi un auténtico chorreo dos que últimamente adoitan a verse na pequena pantalla. Pero o certo é que, como moi ben di o webmaster do blog de Peña Navegante (http://penhanavegante.wordpress.com/) o partido foi bastante igualado, sobre todo na primeira parte.
Tras os dous primeiros goles todo parecía bastante encarrilado pero como adoita a acontecer últimamente, estamos empeñados en dar vida aos rivais. O Peña recortou distancias nunha xogada que esta temporada se repiteu máis do que quixeramos e trouxo nerviosismo ás gradas locais. Afortunadamente Paco e Alfonso encargáronse de apuntillar ao rival no momento en que os visitantes resolveron volcarse sobre a portería defendida por Gallego. Por certo haberá que estar atentos á formación de Pescadores del Río que parece que queren tender as redes para capturar a este bo cancerbeiro.

De todos xeitos cómpre destacar a traxectoria que está a ter o equipo nesta segunda volta onde únicamente perdemos un partido, fronte ao Pepa Noya. Os resultados acadados últimamente fan que por primeira vez dende hai tempo abandonemos momentáneamente posicións de descenso. Nas vindeiras xornadas xogaremos o partido atrasado que temos catro equipos que estamos xuntos na clasificación: Xallas, Cuntis, Barqueiro e nós. É pronto pero xa se empeza a falar nalgúns ambientes dos maletíns. Dende este blog recomendamos á Directiva que se absteña de utilizar estas prácticas e que adique todos os recursos dispoñibles para…. unha boa cea de fin de temporada.
O sábado tras o partido coñecéronse as baixas da próxima xornada. En concreto a liña defensiva queda bastante coxa sobre todo pola baixa de Ponte que, unha vez máis, disfruta das retribucións en especie que está a facerlle a Directiva. Nalgúns mentideiros se dí que certo executivo do clube ten accións dunha rede de clubes termais e podería estar usando as súas influencias para incrementar a facturación en tempos de crise derivando fondos do equipo. Dende este blog debemos informar que soamente se trata de rumores e en todo caso o interfecto non soupo ou non quixo confirmar esta información aínda que tampouco desmentila.
Partido vital o do próximo sábado fronte ao Rosalía. Agardemos unha gran resposta da afección e de paso aproveitamos para, unha vez máis, unirnos ás demandas de legalización da agrupación Pescadores del Río. Parece que se están achegando posturas de cara á posible filiación deste equipo e convertirse deste xeito na sucursal e canteira para os futuros veteranos.
Finalmente quero agradecer as palabras de Chito na súa última columna escrita neste blog na que intercedía por certos xogadores aos que presuntamente se lles culpaba da eliminación da Copa. Resulta cando menos curioso que dos xogadores mencionados sexa únicamente Zarco o que se manteña apartado do equipo a proposta de Cobas. Non é de extrañar que a doble vida, como xogador e como alto directivo do clube, está a resultar incompatible.

3 comentarios :

zarco dijo...

Voltamos co mesmo eu non xoguei ese partido de copa

Xefe do Departamento de tesoureria dijo...

Basante non te metas nos temas económicos do clube , ten enconta que as túas crónicas teñen un precio para este equipo , e si non ¿qué é da túa estancia o vindeiro fín de semán nunha casa de turismo rural? . En canto o dos maletíns xa temos todolos cartos reservados para a festa do carneiro ,a exaltación da paella da abeanca , e da comida co Agrón de fín de tempada , non hai un can máis compañeiros , estamos en crisis .

Cronista dijo...

Pero se estamos en tempos de crise qué iso de crear cargos coma o de "Xefe do Departamento e Tesourería"? Así ímos carallo! Traballan dous e cobran cincuenta.