jueves, 19 de marzo de 2009

EXITOS EN ATLETISMO


Os alumnos da escola deportiva de Atletismo están a acadar moi bos resultados nas carreiras populares que están disputando no último mes. Sin ir máis lonxe, o pasado sábado 14 dous membros da escola conseguiron o segundo posto nas súas categorías na proba de atletismo en ruta de Cerceda, dentro da Compostela Cup Camiño 2009, clasificándose para a fase final.

Martín Darriba, en categoría benjamín, acadou o segundo posto na súa carreira, mentres a súa irmán, Ylenia Darriba, obtivo idéntico resultado na categoría cadete.

Tamén obtivo un segundo posto na proba cadete a corredora Penélope Michelena, quen participou o pasado día 7 de marzo na Carreira Popular de Padrón. Os outros participantes que viaxaron quedaron preto do podium final, aínda que finalmente quedaron cuarto en categoría alevín Simón Cascallar, quinto en categoría infantil David Ardións, e cuarto en categoría cadete Igor Simoes. Participaron un total de dez alumnos da escola deportiva atletismo.

1 comentario :

Anónimo dijo...

Felicidades os novos atletas, que co paso dos anos, de seguro que han colleitar moitos triunfos.