domingo, 2 de diciembre de 2007

ZONA BASI

Veteranos Negreira 0 – 1 Maderas Ramos
Nos partidos éste é onde se demostra a grandeza dos bós xogadores e dende logo o sábado non parecía haber ningún destes nas filas do Negreira.
Había moita ilusión nos afeccionados por ver un bo partido pero o equipo defraudou nun partido decepcionante. En ningún momento se amosou quén de facerlle frente a un Maderas Ramos con máis pegada.
O medio do campo dedicouse aos pelotazos e máis dun tiña temblores nas pernas e non eran debidos precisamente aos calambres musculares. O equipo contrario tampouco fixo nada do outro mundo pero soupo atallar sempre as salidas do noso equipo e tapar convenientemente as internadas polas bandas. Deste xeito non chegaban balóns aos dianteiros e as xogadas de gol brilaban pola súa ausencia.
Moitos foron os defectos do equipo: falta de ritmo, nervios no movemento de balón, non asimilación da presión, falta de claridade nas saídas de balón, falta de velocidade, pérdida de concentración… Póñanlle vostedes o calificativo que queiran!
O Maderas Ramos marco no primeiro cuarto de hora de partido e non fomos capaces de remontar e, o que é peor, en ningún momento demos a sensación de ser capaces de facelo. Dúas ocasións aisladas, nun córner na primeira parte e un gol anulado a Cobas por fora de xogo foi todo o bagaxe ofensivo neste partido.
Esperemos que esta derrota sirva para baixar a moitos das nubes de onde estaban instalados e poñer os pés na terra de onde nunca tivemos que saír. Temos que desengañarnos: nós non valemos para comer marisco! Onde se poña un bó churrasco!!
Esta vez nin a sorte nos salvou como no partido contra o Dodro. A bon seguro que o sábado na cea posterior ao partido houbo unha noite de coitelos largos, cea a onde non puido entrar a prensa. A directiva debeu impoñer o silencio aos xogadores para saír da crise e fontes non confirmadas incluso falan de baixas/altas no mercado de inverno. Fíxense como están as cousas que algún afeccionado incluso fala da posible volta de Gallego ao equipo titular.
E agora…. A cagala contra o colista!! O sábado disputarase o encontro aprazado contra o Deportes Caneda. Non entendemos moi ben como a Directiva consinte as baixas anunciadas nun partido desta trascendencia. Agardemos que o resultado final lle dé a razón.

2 comentarios :

A DIRECTIVA dijo...

NOTA DE PRENSA :
Queremos saír o paso , dos comentarios feitos por Basi na súa crónica , e desmentir categoricamente que a xente que falta o vindeiro sábado seu por consentimento desta directiva , sendo o motivo o puramente disciplinario . Dando ordes taxantes ó entrenador de non convocar a algún xogador , non queremos si non dar un golpe sobre a mesa , e que todo o mundo se poña as pilas dando así un toque de atención ás que se consideran "vacas sagradas" da plantilla .
No tocante o da cea da noite , decir que ata este ano celebrabamos as victorias , por ser estas poucas , por todo o alto . Pois ben o do sábado parace que o que celebrabamos era a primeira derrota ousexa que de ciotelos nada .No García Calvo o comentario unanime da xente que estaba a velo partido do Negreira era estado en que foron vistos varios membros da plantilla dos veteranos a noite anterior , e eso que a maioria xa estaba á unha na camiña .Un cumulo de estimulantes se xuntaron nesa noite no teleclub de Logrosa , dando como resultado , as máis singulares imaxes , dende Bruce Lee que se deixou ver encarnado no Pirroto , pasando polo can risitas que pareceu adueñarse do corpo do "padriño" , ou como non Piturámix os que moitos xa reclaman que deixe por unha temporadiña de traer a sua pocima máxica ,que xunto co Torres 10 do tío Tom ,fixeron extragos nos corpos xa cansos trala batalla cos homes de León .

Cronista dijo...

Con respecto ás pocimas de Piturámix non podemos dicir nada que ata o de agora o efecto no equipo foi positivo. De todos xeitos temos que andar con coidado pois chegaron algúns rumores de que algún equipo solicitou un control antidoping pois había sospeitas de que os resultados acadados ata o momento non tiñan correspondencia coa plantilla actual. Quizáis nos veña ben baixar un pouco o pistón para non despertar sospeitas nos contrarios.