lunes, 22 de febrero de 2016

VISEXIMA PRIMEIRA XORNADA DE LIGA

O pasado sábado, vinte de Febreiro, tocaríanos disputar a xornada vinteún (coincidindo cos carnavais de Negreira, debido a que foran aprazados polas inclemencias metereolóxicas o pasado seis deste mes) cunha temperatura moi apacible para a práctica do fútbol ainda que o campo non acomparía por estares moi seco que facia que a pelota rodase moi lenta.
Neste caso recibiriamos, como locais e no campo de Cepelo, para a disputa do derbi, os compañeiros do Terra de Xallas sacando adiante o partido con moitos apuros e grazas, a unha desafortuna acción, que fixo que encaixaran o gol en propia porta. Estos tres puntos, e debido o empate do lider, fixo que lle recortaramos dous puntos, ainda que a vantaxe da que dispoñen segue a ser bastante ampla para que poidamos disputarlle o primeiro posto.
Por tanto e o finalizar o encontro o marcador final foi de:
NEGREIRA VETERANOS 1 - 0 TERRA DE XALLAS VET.
Os xogadores que disputaron o encontro foron: NANDO (que faría de gardameta) MORENO, ANDRES, MANU, GOLAN, DAVID, AIRES, PENA, VIDAL, CHITO, IVAN, PONTE, SANTI e SANTI PONTE.
GOLEADORES: - (en propia porta despois dun centro de David)
ASISTENCIAS: -

A proxima semán, tocaramos descansar debido a disputa da primeira ronda de Copa (da cal os equipos de División de Honra estamos exentos) polo que aproveitaremos para realizar unha visita (grazas o noso socio colaborador, RESTAURANTE CASA BARQUEIRO)  a unha bodega na zona do Barco (Ourense)

Así a xornada viséxima segunda, quedará para o día cinco de Marzo co viaxe ata a Esclavitude (Padrón) para enfrentarnos o líder, Regalos Trasnos.

No hay comentarios :